Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO LEVARÁ AO PLENO UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN APOIO AOS COMITÉS DE EMPRESA DE NAVANTIA FENE-FERROL
O CONCELLO LEVARÁ AO PLENO UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN APOIO AOS COMITÉS DE EMPRESA DE NAVANTIA FENE-FERROL
No documento, respaldado por tódolos grupos políticos da corporación local, o colectivo urxe carga de traballo para evitar una parálise na actividade dos asteleiros da ría ata a construción das fragatas F-110
Narón, 22 de xullo de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá unha reunión co comité de empresa de Navantia Fene-Ferrol e á que tamén asistiron os portavoces de Terra Galega, Román Romero; PSOE, José David Pita, e PP, Germán Castrillón. No transcurso da xuntanza acordouse levar ao pleno do vindeiro mércores, día 24, unha declaración institucional en apoio aos comités de empresa de Navantia Fene e Ferrol, urxindo carga de traballo para os asteleiros da ría.
No documento a corporación local respaldará as demandas dos traballadores e traballadoras de Navantia Ría de Ferrol e urxe carga de traballo mediante a contratación dun Buque de Aprovisionamento en Combate (BAC), que permitiría cubrir a falta de ocupación que se prevé nos anos 2020 e 2021 debido ao retraso na execución das cinco fragatas F-110 para a Armada Española, autorizadas polo Consello de Ministros o pasado mes de marzo e para as que xa se asinou a orde de execución.
“Desde finais deste verán de 2019 ata o 2021 os niveis de paro serán alarmantes e, no caso de non solucionarse tería gravísimas repercusións para o emprego, tanto en Navantia, na industria auxiliar, e mesmo no conxunto da comarca de Ferrol”, aseguran dende o comité de empresa. Dende o colectivo inciden en que se se desexan evitar esas gravísimas repercusións especialmente no emprego, é imprescindible que se concrete e se adopte a correspondente decisión con carácter de urxencia, única maneira que permite xerar carga de traballo a partir do ano 2020”.
Finalmente, a través da declaración institucional ínstase ao Goberno do Estado, á Xunta e á Dirección de Navantia a levar a cabo as xestións precisas para a concreción das contratacións “no prazo máis breve posible”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal