Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS CONCELLOS DE NARÓN E LUGO IRMANAN O "OENACH ATLÁNTICO" E O "ARDE LUCUS"
OS CONCELLOS DE NARÓN E LUGO IRMANAN  O
As alcaldesas de Narón, Marián Ferreiro, e Lugo, Lara Méndez, presidiron a convocatoria celebrada hoxe na Praza Maior de Lugo con representantes das entidades que coorganizan os eventos e comprometéronse a "sumar forzas" na difusión cultural
Narón, 22 de xullo de 2019. A Praza Maior de Lugo acolleu esta tarde, ás 16.30 horas, un acto especial coa representación do irmanamento entre as asociación castrexas do "Arde Lucus" e a asociación veciñal Rosa dos Ventos de Sedes (Narón), que organiza co Concello o "Oenach Atlántico". No acto participaron máis de 50 veciños e veciñas de ambos concellos caracterizados con traxes propios da época castrexa.
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, agradeceulle á alcaldesa Lara Méndez e ás asociación castrexas do Arde Lucus a “disposición e total colaboración” para levar a cabo o irmanamento entre ambas festas declaradas de Interese Turístico de Galicia (no caso lucense, tamén a nivel de España) e que contan xa con arredor de dúas décadas de historia (no caso de Narón celebrarase esta fin de semana a vixésimo primeira edición). Ferreiro transmitiu o “orgullo” polo traballo realizado desde as asociacións de veciños todos estes anos e comprometeuse a “sumar forzas e crear sinerxias” con Lugo “para reforzar e difundir as raíces culturais” de Galicia. Ademais, convidou a que toda a poboación lucense e galega se anime a coñecer o "Oenach Atlántico" de Sedes, que se celebra esta fin de semana do 26, 27 e 28 de xullo coa representación da vida celto galaica en pallozas e con múltiples recreacións, espectáculos de música infantil e concertos.
Por parte de Lugo presidiron o acto a alcaldesa Lara Méndez e a concelleira Ana González Abelleira. Méndez agradeceu a presenza en Lugo da alcaldesa e os veciños e veciñas de Narón e destacou “a posta en valor da nosa riqueza histórica e das nosas festas, e máis cando compartimos, como neste caso co "Oenach Atlántico", o desexo de recuperación dunha cultura e dunhas tradicións que forman parte de nós, e a sensibilidade de dalas a coñecer desde un rigoroso estudo histórico sobre as mesmas”.
“A creación de sinerxias nas que participen os colectivos do "Arde Lucus", como os xa existentes de ámbito nacional e incluso internacional, son sempre benvidas, e o Concello estará en todos aqueles actos que permitan crecer e impulsalos”, incidiu.
Pola súa banda, a concelleira de Xuventude de Lugo, Ana González Abelleira, falou da importancia da creación de vínculos de proximidade con outras celebracións, e máis “como neste caso, cando medran cada ano grazas non só ao impulso institucional dos concellos senón ao enorme traballo que desenvolven durante todo o ano os diversos colectivos que participan neles”.
O "Oenach Atlántico" quere dar a coñecer en toda Galicia o traballo e implicación dos seus veciños e veciñas nun evento xa maduro que conta na súa vixésimo primeira edición con obradoiros e importantes espectáculos musicais, ademais de recreacións teatrais da vida cotiá nos castros e pallozas, actos como o acendido do lume ou a representación de oficios tradicionais (a programación ao completo pode consultarse na web do Concello: http://www.naron.es/web/docs/Oenach-atlantico-2019.pdf). Por iso os seus habitantes saen fóra do seu territorio para que o "Arde Lucus" apoie a súa difusión. Pola súa banda, as asociacións do "Arde Lucus" traballan xa na décimo novena edición de 2020, a piques de cumplir as dúas décadas de vida, e queren simbolizar a irmandade e acollida doutras festas de menor tamaño pero que teñen detrás un enorme e serio traballo de recuperación e estudo da cultura celto galaica, como é o caso do "Oenach Atlántico" de Sedes.


Descarga de archivos
Programa "Oenach Atlántico"Tamaño: 2,60 MBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal