Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS ENTRADAS PARA A TERCEIRA FUNCIÓN DA COMEDIA "UNHA NOITE NA PRAIA", CON XOSÉ ANTONIO TOURIÑÁN E CARLOS BLANCO
Os cómicos galegos actuarán os días 13, 14 e 15 de setembro no Pazo pero só quedan dispoñibles entradas para a última das funcións previstas
Narón, 24 de xullo de 2019. O Padroado da Cultura ten á venda as últimas entradas para ver a terceira función da comedia "Unha noite na Praia", que terá lugar o día 15 de setembro ás 19.00 horas. Os cómicos galegos Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco protagonizan esta obra, que tamén se representará no Pazo os días 13 e 14 de setembro –funcións para as que as entradas se esgotaron hai varios meses-. As entradas para esta terceira función poden adquirise na billeteira do Pazo de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00, e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 18 euros para o patio de butacas; 15 euros na platea 1 e 12 euros na platea 2. Os cómicos galegos Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco protagonizan esta obra, na que interpretarán a Klaus e Manuel, poñéndose na pel dun galego que traballa nun chiringuito e quere marchar para a súa casa tras un día axetreado e un turista sueco que non quere marchar da praia e pide a última cervexa, momento no que empeza a contarlle as súas penas ao galego. Finalmente os dous acaban facéndose unha serie de confesións e compartindo anécdotas, recordos e soños, deixando entrever que se trata de dúas persoas totalmente opostas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal