Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS ACTOS DA VIXÉSIMO PRIMEIRA EDICIÓN DO OENACH ATLÁNTICO COMEZAN MAÑÁ NA PARROQUIA DE SEDES
OS ACTOS DA VIXÉSIMO PRIMEIRA EDICIÓN DO OENACH ATLÁNTICO COMEZAN MAÑÁ NA PARROQUIA DE SEDES
O Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños Rosa dos Ventos organizaron a programación que se inicia mañá e rematará o vindeiro domingo, día 28
Narón, 25 de xullo de 2019. A programación da vixésimo primeira edición do Oenach Atlántico iníciase mañá pola noite na parroquia de Sedes. O Padroado da Cultura e a AVV Rosa dos Ventos organizan un ano máis esta convocatoria, a través da que se recrean as raíces da cultura celto galaica e os modos de vida no rural na zona da campa do Trece. O Oenach Atlántico está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014. A cita inaugurarase mañá ás 22.30 horas co tradicional acendido de lumes que levan a cabo os veciños e veciñas de Sedes nuns recipientes de ferro. A continuación, sobre as 22.45 horas, iniciarase o concerto do grupo de música tradicional galega Leilía. Os actos continuarán o sábado e o domingo, con varias propostas dirixidas a todo tipo de públicos.
Tanto o sábado como o domingo, entre as 11.00 e as 14.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 horas estará aberto un mercadiño de artesanía, no que se porán á venda diferentes produtos e tamén haberá xogos e obradoiros –de perforación de pezas de cerámica e madeira, petroglifos, técnicas para o acendido do lume, entre outros- e realizaranse recreacións de oficios tradicionais –de tecidos, olería, talla de madeira, canteiría e cestería-. Con cargo a esta proposta trátase de recuperar e poñer en valor o traballo que realizaban homes e mulleres na época da cultura celto galaica.
O sábado haberá tamén espectáculos para os nenos e nenas e dos que tamén poderán desfrutar as persoas de máis idade. O Cuarteto Rinchón actuará ás 11.30, ás 16.00 e ás 18.00 horas e tamén Rilo&Penadique ás 12.00. A sesión vermú correrá a cargo do grupo folk Tiruleque, a partir das 13.30 e Mamá Cabra ofrecerá un concerto infantil ás 17.00 horas. A tradicional Noite no Castro será ás 22.30 e a Grande Compañía de Teatro Comunitario de Sedes protagonizará esta xornada coa representación da obra “Buscando a Fara” escrita por Juan Padín e Pepablo Patinho. Fara é a protagonista desta peza, unha rapaza que quedou orfa e buscará refuxio no castro de Eiravedra, donde coñecerá a Gaia. Ás 00.00 horas terá lugar unha mexilloada e unha repichoca popular na propia campa.
O último día do Oenach Atlántico, o domingo 28 o Cuarteto Rinchón volverá a animar ao público –ás 11.30 e ás 16.30 horas- e tamén pola mañá, haberá unha exhibición de cans de palleiro -12.00- e unha recreación teatral na campa a cargo do Grupo de Teatro Comunitario de Sedes -13.00 horas- que nesta ocasión representará a peza “A conquista de Gallaecia”, sobre a reconquista por parte dos romanos de Gallaecia. Pola tarde haberá sesión de xogos con Xogos Paporrubio -16.30-, unha actuación da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón -17.00-, outra do grupo de danza tradicional Alxibeira, do Padroado da Cultura de Narón -18.00- e pecharán o programa o espectáculo infantil “A danza da choiva”, de Elefante Elegante, e a actuación de Pelepau -19.00-.
Nas inmediacións da campa do Trece haberá tamén durante toda a fin de semana un espazo gastronómico, no que se poderán mercar diferentes menús a base de porco celta. As mulleres e os homes de Sedes cociñarán na campa as “bolas de sartén”, que se poderán degustar de balde.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal