Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A AXENCIA DE LECTURA DA GÁNDARA OFRECE LIBROS INFANTÍS A PARTICULARES E ENTIDADES TRALO PROCESO DE ACTUALIZACIÓN DE FONDOS
As persoas interesadas en coller algún dos exemplares poderán facelo os luns, martes e xoves, no horario de apertura das instalacións, ata o 6 de agosto
Narón, 29 de xullo de 2019. As veciñas, veciños e entidades que o soliciten poden recoller, de balde, na Axencia de Lectura municipal da Gándara, na Casa da Mocidade, libros infantís procedentes do expurgo realizado no fondo infantil da Biblioteca municipal. Ao longo desta mañá algunhas veciñas e veciños recolleron xa algúns dos exemplares, se ben se poderán seguir recollendo ata o día 6 de agosto no horario de apertura das instalacións: os luns de 10.30 a 13.30 e os martes e xoves entre as 18.00 e as 21.00 horas, tal e como recordou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo. O expurgo realizado responde ao proceso de actualización e renovación dos actuais fondos, retirando os máis antigos para poñelos á disposición da veciñanza. Así mesmo, esta mañá un grupo de nenas e nenos participaron nun obradoiro de grilandas coas que se decorará o espazo da Biblioteca municipal que se habilitará no festival da cultura viaxeira Gulliver Fest o vindeiro sábado, 3 de agosto, na área recreativa de Pedroso.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal