Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PROGRAMA "CINE DE VERÁN" ORGANIZADO POLO PADROADO DA CULTURA E A DEPUTACIÓN DA CORUÑA REMATA MAÑÁ NA PARROQUIA DE SAN XIAO
O PROGRAMA
As persoas que asistan poderán ver a película "Cavernícola", que se proxectará nunha gran pantalla a partir das 22.30 horas
Narón, 30 de xullo de 2019. O ciclo "Cine de Verán", impulsado a través do Padroado da Cultura de Narón e a Deputación da Coruña, rematará mañá pola noite na parroquia de San Xiao. A última das proxeccións deste programa será a da película “Cavernícola”, que se poderá ver a partir das 22.30 horas nunha gran pantalla que se instalará na pista polideportiva de San Xiao. Todas as proxeccións dos filmes foron de balde e prográmanse co fin de descentralizar algunhas iniciativas do Padroado aos barrios da zona urbana e as parroquias do rural naronés.
“Cavernícola” é unha coprodución galega de animación na que os protagonistas son unha moza, chamada Lucía, e a súa familia. Todos eles axudarán ao ratonciño Pérez a botar abaixo os plans de dous malvados ratos que queren roubar os dentes a todos os nenos do mundo para despois convertelos en perlas e facerse ricos. O filme obtivo o Premio Goya á Mellor película de animación no ano 2006.
As proxeccións de Cine de Verán comezaron o pasado 26 de xuño na Solaina, e continuaron na Gándara, Xuvia, Pedroso, San Mateo, O Val e O Alto. A proxección que terá lugar mañá aprazouse da data inicialmente prevista debido ao mal tempo, polo que o ciclo rematará mañá pola noite.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal