Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS
Marián Ferreiro comprometeu o apoio do goberno local a iniciativas vencelladas ao emprendemento en particular e ao sector empresarial en xeral
Narón, 1 de agosto de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá no Concello un convenio de colaboración con Luis González, en representación da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal (AJE). A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, estivo tamén presente na convocatoria, na que se asinou o documento no que figura unha achega económica do Concello á entidade por importe de 5.000 euros.
A alcaldesa recordou que o Consistorio naronés desenvolve desde hai anos programas de respaldo ao autoemprego, no marco das competencias da citada administración, e destacou a importancia de manter o compromiso de colaboración con AJE para continuar traballando nesta área. Entre os proxectos máis recientes realizados con esta asociación está o Minimarket 2019, no que participaron tres centros educativos do municipio (o IES Terra de Trasancos, o CPR Ayala e o CPR Jorge Juan) e a través do que se levaron a cabo varios obradoiros de marketing, creatividade, experiencias emprendedoras…
O presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal valorou a colaboración do Concello de Narón ao remate do acto. Así mesmo a alcaldesa destacou o traballo que realiza a entidade na cidade e comarca e comprometeu o respaldo do goberno local a iniciativas encamiñadas a apoiar o emprendemento en particular e o sector empresarial en xeral.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal