Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINA TRES CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON ENTIDADES SOCIAIS POR IMPORTE TOTAL DE 7.000 EUROS
Representantes das Asociacións "Patronato Concepción Arenal", "ALMAT" e "BBTTA" participaron na firma dos respectivos convenios esta mañá no Concello
Narón, 5 de Agosto de 2019.- A Alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá convenios de colaboración coas presidentas das entidades Asociación “Patronato Concepción Arenal”, Beatriz Dorrio; Asociación ALMAT, Paula Calvo; e Asociación BBTTA, Noemi Rodríguez, cunha achega municipal dun total de sete mil euros. A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, asistiu tamén a esta convocatoria. A alcaldesa expresou o agradecimento ao traballo que levan a cabo estas entidades que dirixen a súa actividade á atención e asesoramento de mulleres (e aos seus fillos/as en algúns casos), en temas e situacións diversas, e manifestou o compromiso do concello en seguir apoiando no futuro o traballo que desde esas entidades se leva a cabo. As representantes das entidades firmantes, asimesmo, destacaron e agradeceron a colaboración e implicación do concello de Narón para poder seguir adiante cos obxectivos marcados e o servizo á comunidad tal como se plantexan desde as entidades mencionadas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal