Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O ODEÓN BULEVAR FESTIVAL COMEZA O VENRES CO LEMA “I LOVE 90s” E ATRACCIÓNS INFANTÍS NA ZONA DA GÁNDARA
O ODEÓN BULEVAR FESTIVAL COMEZA O VENRES CO LEMA “I LOVE 90s” E ATRACCIÓNS INFANTÍS NA ZONA DA GÁNDARA
Festa infantil, concertos con importantes artistas que farán rememorar a música dos 90 e experimentados DJ´s conformarán unha xornada festiva nesta nova edición do festival
Narón, 5 de agosto de 2019. Esta mañá presentouse no concello la V Edición do Odeón Bulevar Festival, coa asistencia da Concelleira de Festas, Natalia Hermida, o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e representantes da Asociación Odeón Bulevar, Julio Campoy e Francisco Paz.
O Odeón Bulevar Festival organizado polo Concello e hostaleiros da Gándara –en colaboración con outros establecementos da zona- terá lugar o venres comezando partir xa das 18.00 horas cunha festa infantil (escuma, colchonetas acuáticas, etc).
Pola noite, a partir das 21.00 h comezará a presentación das actuacións que desenvolverán un amplo programa musical: OBK, PACO PIL, SELENA LEO, KU MINERVA, SENSITY WORLD, e contarase tamén coas sesións remember de dous DJ´S, Marcos Magan e Josy da Graver, considerados dos mellores de Galicia.
O Odeón Bulevar Festival, cos concertos e actividades que inclúe teñen como sempre carácter gratuito.
“Un gran escenario e un importante montaxe audiovisual serán o marco dunha xornada musical que temos a certeza de que será do gusto de todo o público que se achegue o próximo venres á Gándara” según expresaron os representantes de hostelería.
O concelleiro de Promoción Económica e a concelleira de Festas, David Pita e Natalia Hermida, expresaron a súa satisfacción pola colaboración que entre o Concello e o sector da hostelería da zona vense realizando nestas sucesivas edicións do Festival Odeón Bulevar. Agradeceron tamén a colaboración
prestada polos veciños e veciñas da zona, a colaboración do Centro Comercial Odeón pola apertura do seu aparcadoiro soterrado e os baños, e convidaron á xente a que se achegue o vindeiro venres a desfrutar deste Festival desexando que o evento sexa do gusto de todos e todas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal