Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCENTRACIÓN ANTE O CONCELLO PARA ESIXIR Á XUNTA A REAPERTURA DA ESCOLA DE PEDROSO
Asistiron representantes dos grupos políticos municipais (TEGA, PP, PSOE e BNG) coa alcaldesa, Marián Ferreiro, ao fronte, acompañados por representantes da Federación de ANPAS, xunto coas familias afectadas e outros veciños e veciñas de Narón
Narón, 6 de Agosto de 2019.- A concentración diante do Concello de Narón, que tivo lugar esta mañá ás 12.00 horas, forma parte das medidas decididas polas familias afectadas xunto cos representantes políticos da cidade para esixir da Xunta de Galicia o cumprimento da promesa feita pola Administración Autonómica a varias familias de Narón interesadas en matricular aos séus fillos e fillas na Escola Unitaria de Pedroso, unha vez que o número de solicitudes de matrícula cumpría a ratio establecida como condicionante para reabrir a mencionada escola. A pesar de cumprir ese requisito, as familias descoñecen ata o día de hoxe se terán a posibilidade de matricular para o vindeiro curso aos seus fillos/as. Tendo en conta a non disposición da Conselleira a recibir ás nais e pais afectados que ían ser acompañados a Santiago de Compostela no día de hoxe pola alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e outros membros dos grupos políticos municipais, decideuse conxuntamente coas familias levar a cabo esta concentración e non descartan adoptar outras medidas ao respecto ata que a Consellería consinta en manter a reunión que desde fai tempo se lle ven demandando para que dea resposta á promesa efectuada no seu momento de reabrir a escola de Pedroso e posibilitar a matriculación do alumnado.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal