Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O 1 DE SETEMBRO O PRAZO DE SOLICITUDE DE BONIFICACIÓN DE TAXAS POR RECOLLIDA DE REFUGALLOS, REDE DE SUMIDOIROS E SUBMINISTRO DE AUGA
As axudas poderán solicitarse no Rexistro municipal ou na Sede Electrónica do Concello ata o 20 de setembro
Narón, 30 de agosto de 2019. As solicitudes para a bonificación das taxas de recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable para o ano 2020 poderán presentarse dende o vindeiro domingo, día 1 de setembro, ata o día 20 do citado mes, ambas datas incluídas. As instancias poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón ou no Rexistro Municipal do Concello -neste último caso, de luns a venres, entre as 8.30 e as 13.00 horas-. Os impresos a cumprimentar e a información sobre estas bonificacións poden solicitarse no Rexistro municipal ou no Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Consistorio. As persoas que teñan concedida a bonificación para 2019 e se atopen nas mesmas circunstancias que se teñen en conta para a citada concesión non é preciso que a soliciten de novo. Nos casos nos que a situación variase ou teñan concedido o 50% da bonificación e cumpren agora os requisitos para que se lles recoñeza o 75% deben acreditalo para poder incrementar esa bonificación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal