Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN CURSOS DO PROGRAMA CEMIT QUE SE IMPARTIRÁN NA AULA DE XUVIA E NOS LOCAIS SOCIAIS DA ZONA RURAL
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN CURSOS DO PROGRAMA CEMIT QUE SE IMPARTIRÁN NA AULA DE XUVIA E NOS LOCAIS SOCIAIS DA ZONA RURAL
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou as acción formativas que se levarán a cabo con cargo a este programa nos últimos meses do ano
Narón, 2 de setembro de 2019. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou hoxe a apertura do prazo de inscrición en cinco cursos de informática do programa Cemit. As persoas interesadas en anotarse deben estar dadas de alta na web Cemit - https://cemit.xunta.gal/es/centro/48- para ver as actividades que se ofertan na cidade e inscribirse nas mesmas. “Son un total de 248 horas de formación que se impartirán na Aula Cemit de Xuvia”, explicou a edil naronesa, que animou á veciñanza a anotarse nestas accións formativas, “que se suman aos cursos que convocamos a través do Programa Municipal de Formación e cuxas inscricións se irán abrindo a partir deste mércores e durante as vindeiras semanas”.
Os cursos a realizar, con doce prazas en cada un deles, son de Iniciación Tratamento de textos (52 horas) que se impartirá do 10 ao 28 de outubro entre as 9.30 e as 13.30 horas; de Iniciación Follas de cálculo (52 horas), do 29 de outubro ao 15 de novembro, no mesmo horario de mañá; de Iniciación bases de datos (48 horas), do 18 de novembro ao 3 de decembro, tamén de 9.30 a 13.30 horas; de Iniciación Presentacións gráficas (48 horas), do 4 de decembro ao 20 de decembro no mesmo horario matinal e de Iniciación a internet e correo electrónico (48 horas) do 18 de novembro ao 3 de decembro, neste caso en horario de tarde, dende as 16.00 ata as 20.00 horas. A edil de Novas Tecnoloxías informou da apertura da Aula Cemit de Xuvia os mércores, entre as 11.30 e as 13.30 horas, para que todas aquelas persoas interesadas en inscribirse nos cursos do programa Cemit da Aula de Xuvia poidan recibir atención personalizada para anotarse.
A concelleira de Novas Tecnoloxías explicou que tamén se abre o prazo para anotarse nas asociacións veciñais da zona rural no curso Usando as novas tecnoloxías, que terá unha duración total de 27 horas e que se impartirá do 1 de outubro ao 29 de novembro. Esta acción formativa enmárcase tamén no programa Cemit e diríxese a un máximo de dez persoas por local social. A información sobre o mesmo pode solicitarse nas propias entidades veciñais do rural, tal e como indicou Hermida.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal