Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PARQUE DO RÍO FREIXEIRO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A "GRAN FESTA INFANTIL CIDADE DE NARÓN" ORGANIZADA POLO CONCELLO
O PARQUE DO RÍO FREIXEIRO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Festas, Natalia Hermida, presentaron o evento, que terá lugar o sábado 7 de setembro entre as 12.00 e as 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
Narón, 3 de setembro de 2019. O parque do Río Freixeiro acollerá o vindeiro sábado, día 7, a Gran Festa Infantil Cidade de Narón. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Festas, Natalia Hermida, presentaron este evento, co que se celebrará o final do verán e que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, de 12.00 a 14.00 e dende as 16.00 ata as 20.00.
Os nenos e nenas que acudan a esta cita terán a oportunidade de desfrutar con inchables –dous deles acuáticos: unha mega pista americana mollada de 50 metros de longo con trampolín e un deslizador xigante con tobogán será unha das novidades deste ano-. O inchable "Liga xustiza" ten un tobogán e unhas dimensións de nove metros de longo por cinco de altura; o da "Pista india" ten doce metros de longo e tres de altura e o inchable "Construtores", para os máis pequenos, ronda os seis metros de longo por tres de altura. A maiores, neste evento festivo haberá tamén camas elásticas, un toro mecánico, e tamén outras propostas, tal e como avanzou Ferreiro, como xogos populares de madeira, un obradoiro de elaboración de chapas e mesmo un circuíto de karts.
A Gran Festa Infantil Cidade de Narón inclúe un espazo propio para xogos en familia, nos que todos os asistentes poderán desfrutar de propostas como “Pescapica”, dinamizado por un pescador; o “Tirachinas xigante”, para derribar caldeiros; “Vento en popa”, para divertidas carreiras de barquiños impulsados con soplos ou abanicos e “Balloon Plof”, con churros de piscina, globos e cestas para os nenos e nenas de menor idade.
Haberá tamén tempo para a animación na Gran Festa Infantil Cidade de Narón, de modo que ás 17.00 horas terá lugar o espectáculo familiar “Don Gelati”, a cargo de Dani García e protagonizado por un vendedor de xeados. Ao longo da tarde, entre as 18.30 e as 20.00 horas, haberá tamén batallas campais acuáticas e, antes de dar por rematada a celebración unha festa da espuma con animación.
A alcaldesa da cidade e a edil de Festas animaron ás veciñas e veciños de Narón e tamén doutros municipios a acudir a este evento festivo. “Temos propostas, todas de balde, para nenas e nenos de diferentes idades e tamén outras pensadas para que as persoas que os acompañen poidan desfrutar desta cita, coa que un ano máis queremos festexar o remate do verán na cidade”, asegurou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal