Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL ASCM NA CAMPAÑA "BOCATÍN, ALIMENTANDO A INCLUSIÓN"
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL ASCM NA CAMPAÑA
A iniciativa levarase a cabo o vindeiro sábado, 7 de setembro, no transcurso da Gran Festa Infantil Cidade de Narón
Narón, 4 de setembro de 2019. A celebración da "Gran Festa Infantil Cidade de Narón", organizada polo Concello para o vindeiro sábado, día 7 de setembro, no Parque do Río Freixeiro, incluirá unha iniciativa solidaria. As concelleiras de Festas, Natalia Hermida, e Benestar Social, Catalina García, presentaron esta mañá a proposta acompañadas pola presidenta da Asociación Sociocultural ASCM, Paula Gárate e de Teresa Romero, técnica de proxectos da citada entidade. "Bocatín, alimentando a inclusión" é o nome desta iniciativa, a favor da propia ASCM e que consistirá na venda de bocadillos ás persoas que acudan este sábado á Gran Festa Infantil.
"Esta festa marca o remate do verán para os nenos e nenas e parecíanos o espazo axeitado para dar visibilidade a esta acción organizada pola Asociación Cultural ASCM e que será un bo complemento, polo que agradecemos esta iniciativa que esperamos que teña moita aceptación", asegurou a concelleira de Festas, Natalia Hermida. A edil explicou que a maiores dunha carpa baixo a que se venderán os bocadillos solidarios instalaranse algunhas mesas e cadeiras nunha zona de sombra para levar a cabo esta proposta solidaria e, ao tempo, de concienciación social.
Así mesmo, Teresa Romero explicou que o “Bocatín” “é unha campaña que xorde para concienciar ao público infantil dunha realidade diferente, a da discapacidade, para que os nenos e nenas coñezan tamén unha perspectiva diferente e aprendan a ser solidarios dende pequenos”. A través desta iniciativa venderanse, indicou, tres tipos de "Bocatíns": Naroncho, de chourizo, Naronque, de queixo e Naronxa, de xamón cocido. O prezo de cada un destes bocadillos é de catro euros, e inclúese ademáis un botellín de auga e unha peza de froita. "O diñeiro recaudado neste evento destinarase a continuar loitando pola plena inclusión das persoas con discapacidade", recalcou Romero. Os "bocatíns" venderanse nun posto habilitado para tal fin no Parque do Río Freixeiro, entre as 12.00 e as 20.00 horas.
A presidenta da Asociación Cultural ASCM, Paula Gárate, agradeceu a colaboración do Concello para poder levar a cabo este evento que "favorece que os máis pequenos sexan solidarios e coñezan os problemas das persoas con diversidade funcional". Ao mesmo tempo, indicou que a través desta proposta "mantense a liña do Concello de fomentar unha alimentación saudable, ofrecendo bocadillos e froita". "Agradecemos aos colaboradores que fixeron isto posible e tamén aos voluntarios que estarán ese día en Freixeiro", recalcou Gárate, que fixo un chamamento para que a xente respalde o sábado o "Bocatín solidario".
Finalmente, a concelleira de Benestar Social, Catalina García, animou tamén á xente a implicarse nesta iniciativa e destacou que "é unha idea que será boa para as familias, que a maiores de desfrutar dunha xornada de xogos poderán colaborar nesta acción solidaria coa que achegar a realidade das persoas con mobilidade reducida a tódalas persoas, facéndonos ver máis de preto o día a día deste colectivo".



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal