Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O TRÁMITE DE AUDIENCIA DAS CATRO NORMAS INCLUÍDAS NO PLAN NORMATIVO 2019 A TRAVÉS DA PLATAFORMA MUNICIPAL "NARÓN PARTICIPA"
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que as persoas interesadas en presentar suxestións dispoñen de prazo ata o 2 de outubro
Narón, 4 de setembro de 2019. Un total de catro normas xurídicas incluídas no Plan Normativo do Concello para este ano 2019, están actualmente na plataforma “Narón Participa”, para que as veciñas e veciños poidan plantexar as suxestións que consideren oportunas ao borrador elaborado para cada unha delas dende os servizos administrativos municipais. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que este será o terceiro ano consecutivo no que se poderá participar, a través desta plataforma, na planificación, elaboración e evaluación da normativa municipal. "“Dende o Concello animamos ás veciñas e veciños a que a través desta plataforma municipal nos plantexen as cuestións que consideren oportunas, para contar coas aportacións de todos e todas os que o desexen e perfilar o Regulamento de Participación Cidadá do Concello, os Estatutos do Padroado de Deportes, a Ordenanza para a regulación do uso de infraestruturas do Concello para servizos de banda ancha e o Regulamento de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Narón”", explicou. Na actualidade, tal e como indicou a edil de Participación Cidadá, estes documentos están na fase de audiencia cunha nova recollida de propostas, tras rematar a fase de consulta previa á redacción das disposicións normativas citadas. Unha vez examinadas as suxestións que se presenten a través da plataforma "“Narón Participa"” (para o que se dispón de prazo ata o día 2 de outubro), as normas –coa incorporación das aportacións veciñais no seu caso- someteranse a aprobación inicial no pleno para a publicación no Boletín Oficial da Provincia e, finalmente, abrir un prazo de 30 días para presentar alegacións. A través da dirección: www.naronparticipa.es accédese á citada plataforma municipal, así como dende a propia web do Concello –www.naron.es- ou do Portal de Transparencia municipal. Poden participar no proceso as persoas maiores de 16 anos empadroadas en Narón ou que acrediten a condición de interesados/as e tamén as organizacións e asociacións legalmente constituídas e potencialmente afectadas, tal e como recordou a concelleira de Participación Cidadá. O goberno local naronés reforzou a Participación Cidadá o pasado ano coa posta en marcha da plataforma “"Narón Participa"”, a través da que se facilita a participación e codecisión das veciñas e veciños en diversas materias e que incorpora procesos participativos na redacción de normas xurídicas propias, tal e como se contempla no Plan Normativo aprobado no ano 2017.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal