Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE 550 PERSOAS PARTICIPAN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL DE "ENVELLECEMENTO ACTIVO"
MÁIS DE 550 PERSOAS PARTICIPAN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL DE
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, destacou o éxito deste programa, que rematará o vindeiro mes de xuño
Narón, 5 de setembro de 2019. Un total de 555 persoas maiores de Narón participan no programa municipal "Envellecemento Activo", dende o que se ofrecen un total de nove actividades nos dous centros comunitarios municipais e en centros cívicos sociais da zona urbana e rural. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, explicou que “un ano máis as persoas maiores de Narón poden elixir entre unha ampla oferta de actividades que se desenvolverán ata o vindeiro mes de xuño”.
Ximnasia rehabilitadora, ioga, labores, curso de comunicación, memoria, obradoiro de lecto-escritura, apoio á informática, canto coral e cancións de animación son as actividades ofertadas dende o Consistorio e dirixidas especificamente ás persoas maiores. No Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros desenvolveranse todas as actividades enmarcadas no programa "Envellecemento Activo", se ben no caso dos centros cívicos sociais impartiranse as de ioga, ximnasia rehabilitadora e memoria, tal e como indicou a concelleira de Benestar Social. “Son as veciñas e veciños de Narón aos que se dirixen estas actividades os que cada ano elixen as súas preferencias dentro das opcións dispoñibles, se ben en función do número de persoas interesadas en cada unha delas se convocan nos diferentes locais e en horario de mañá ou de tarde”, explicou García, incidindo en que dende o Concello “se ofertan todas as propostas a todos os centros cívicos sociais da cidade”.
García avanzou que a vindeira semana, o xoves día 12 ás 12.00 horas, terá lugar unha reunión no Concello para a que se convocará ás entidades veciñais da zona urbana e rural da cidade co fin de informalos sobre a oferta de novas actividades que pasarán a formar tamén parte do citado programa municipal de "Envellecemento Activo". “Dende o goberno local continuaremos traballando para ofrecer ano tras ano á veciñanza máis actividades e para decidir esas novas propostas queremos contar coa opinión do colectivo ao que se dirixen, para atender na medida do posible as peticións que nos poidan trasladar”, asegurou García.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal