Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PARQUE DO RÍO FREIXEIRO ACOLLERÁ MAÑÁ A "GRAN FESTA INFANTIL CIDADE DE NARÓN" ORGANIZADA POLO CONCELLO
O evento desenvolverase entre as 12.00 e as 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e inclúe unha iniciativa solidaria, "Bocatín, alimentando a inclusión", en colaboración coa Asociación Sociocultural ASCM
Narón, 6 de setembro de 2019. A "Gran Festa Infantil Cidade de Narón" organizada polo Concello e coa que cada ano se celebra o remate do verán terá lugar mañá no parque do Río Freixeiro. Entre as 12.00 e as 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas as persoas que o desexen poderán desfrutar, de balde, de varias propostas como inchables –algúns deles acuáticos e para nenos e nenas de tódalas idades-, espectáculos, camas elásticas, toro mecánico, xogos populares de madeira, un obradoiro de elaboración de chapas e un circuíto de karts, entre outras propostas. O “Pescapica”, un xogo de pesca dinamizado por un pescador, o “Tirachinas xigante” no que se poderán derribar caldeiros; carreiras de barquiños na proposta “Vento en popa” ou “Balloon Plof”, con churros de piscina e globos para os nenos e nenas de menor idade, son outras das propostas desta "Gran Festa Infantil" e das que se poderá desfrutar durante toda a xornada. Pola tarde, ás 17.00 horas comezará o espectáculo “Don Gelati”, dirixido ao público familiar e a cargo de Dani García, que contará historias propias dun vendedor de xeados. Así mesmo, entre as 18.30 e as 20.00 horas sucederanse as batallas campais acuáticas e terá lugar unha festa da espuma con animación. Este ano a "Gran Festa Infantil Cidade de Narón" terá tamén un apartado solidario. O Concello colabora coa Asociación Sociocultural ASCM na campaña “Bocatín, alimentando a inclusión”, a través da que se venderán bocadillos cuxos beneficios se destinarán a continuar traballando para a plena inclusión das persoas con discapacidade. Baixo unha carpa, e nunha zona donde tamén se instalarán unhas mesas e cadeiras, poderanse adquirir –entre as 12.00 e as 20.00 horas- a un prezo de catro euros os bocadillos, que se servirán acompañados de auga e unha froita. Haberá tres tipos de “Bocatíns”: Naroncho, de chourizo, Naronque, de queixo e Naronxa, de xamón cocido.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal