Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES PROMOVE UNHA CAMPAÑA PARA RECUPERAR O PAGO EN PESETAS
A Concellería de Promoción Económica salienta a orixinalidade desta idea, que se extenderá ata o 28 de febreiro
Narón, 8 de xaneiro de 2009.- A Asociación de Comerciantes de Narón presentou no Concello a campaña “Vive a peseta en Narón”, que comenzou onte e se extenderá ata o día 28 de febreiro. Trátase da primeira iniciativa desta asociación, creada no 2008 e que conta na actualidade cun centenar de socios. A edil responsable da Concellería de Promoción Económica, Angeles Díaz, calificou a idea coma orixinal e asegurou que ven a complementar a outra campaña realizada dende o Concello co fin de potenciar o comercio local durante este Nadal. A intención principal é permitir o pago en pesetas nun total de 47 establecementos comerciais do municipio, que se identificarán cun cartel no seu escaparate. Ademáis, haberá un home-anuncio percorrendo as rúas de Narón para facer publicidade e insertaranse anuncios en prensa. Segundo apuntou o presidente da Asociación, Ricardo Pereira, con esta proposta “trátase de recuperar as pesetas que quedaran olvidadas nos petos e carteiras”. Esta campaña é a máis extensa deste tipo realizada na provincia de A Coruña, pola cantidade de comercios adheridos a ela e dende a asociación agárdase que sexa tamén a máis fructífera para clientes e comercios. Pereira explicou que os membros da asociación realizarán dous recollidas a finais de xaneiro e febreiro, e eles mesmos se encargarán de canxear as pesetas por euros sen coste algún para os comerciantes. O presidente da Asociación de Comerciantes lembrou ademáis que no ano 2006, segundo o Banco de España, aínda quedaban en circulación máis de 1.800 millóns de euros nas antigas pesetas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal