Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
Á VENDA AS ENTRADAS PARA O CONCERTO DO CANTAUTOR LUIS PASTOR NO PAZO DA CULTURA
Á VENDA AS ENTRADAS PARA O CONCERTO DO CANTAUTOR LUIS PASTOR NO PAZO DA CULTURA
O concerto do cantautor extremeño terá lugar o 25 de outubro a partir das 20.30 horas e no mesmo Pastor ofrecerá ao público a súa música, con ton reivindicativo e moi vencellada á poesía e ao humor
Narón, 13 de setembro de 2019. O cantautor extremeño Luis Pastor subirase o vindeiro 25 de outubro ao escenario do Pazo para interpretar temas do seu traballo “Canciones y memorias”. A cita será a partir das 20.30 horas e terá unha duración aproximada de hora e media. As entradas para o público xeral están xa á venda, podendo adquirirse a un prezo de 10 euros para o público xeral e 7 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) a través da billeteira do Pazo ou da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
No seu espectáculo Pastor ofrecerá ao público a súa música, caracterizada polo seu ton reivindicativo e no que sempre están moi presentes a poesía e o humor. O cantautor repasará temas populares da súa traxectoria, na que fixo especial fincapé na situación que nas diferentes épocas atravesou o mundo da cultura. As súas cancións foron vetadas pola censura franquista, tal e como el mesmo denunciou, e recentemente o Concello de Madrid cancelou un concerto programado de Luis Pastor e o seu fillo Pedro en Aravaca, o que xerou unha gran polémica. O vindeiro mes Luis Pastor estará no Pazo reivindicando a liberdade de creación e tamén de expresión a través da súa música, que obtivo numerosos recoñecementos.
Luis Pastor comezou cantando moi novo na igrexa do seu barrio, en centros xuvenís, casas particulares e reunións de amigos, con temas que eran parte da protesta colectiva da España da súa xeración. Dende o ano 1972 publicou numerosos discos que recibiron varios premios e chegou a retirarse un tempo da música para orientar a súa traxectoria cara ao teatro, compoñendo temas para varias montaxes. No ano 2003 recibiu a Medalla de Extremadura, en 2017 a Sociedade de Artistas concedeulle un galardón por toda unha vida adicada á música e recoñecendo o mérito da súa traxectoria profesional e humana no mundo da cultura e este mesmo ano recibiu o premio Julián Besteiro das Artes e as Letras.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal