Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONDENA O TRIPLO ASASINATO DE VALGA CUNHA CONCENTRACIÓN NA QUE SE GARDOU UN MINUTO DE SILENCIO
Dende a corporación local condenáronse os feitos e amosáronse as condolencias coa familia e amizades das vítimas
Narón, 17 de setembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu este mediodía a concentración que tivo lugar diante da porta principal do Concello para condenar o triplo crime machista de Valga, en Pontevedra, que tivo lugar na mañá de onte luns. Á convocatoria, que tivo lugar ás 12.00 horas, acudiron tamén outros representantes da corporación local e persoal funcionario e interino do Consistorio. Un home de 45 anos, José Luis Abet, matou a tiros á súa exmuller, Sandra Boquete, de 39 anos; á excuñada, Alba Boquete, de 27, e á exsogra, Elena Jamardo, de 58 anos, no lugar de Carracido, en Valga. O asasino e a súa exmuller tiñan dous fillos menores, que presenciaron o crime. Dende o Concello de Narón gardouse un minuto de silencio en sinal de repulsa deste triplo asasinato, condenando os feitos e tamén se amosaron as condolencias á familia e amizades das vítimas. Os representantes do goberno local portaban unha pancarta co lema: “Narón contra a violencia de xénero”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal