Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN CULTURAL GAIKAI NUNHA NOVA EDICIÓN DE "POKENARÓN"
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN CULTURAL GAIKAI NUNHA NOVA EDICIÓN DE
O concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, anunciou que a cita terá lugar o vindeiro domingo, día 22, en horario de tarde na Casa da Mocidade, na Gándara
Narón, 18 de setembro de 2019. O Concello colabora na terceira edición de PokeNarón, un evento promovido pola Asociación Cultural Gaikai e que terá lugar o vindeiro domingo, día 22, na Casa da Mocidade. A cita está centrada na temática Pokémon e desenvolverase ao longo da tarde, entre as 15.00 e as 21.00 horas. O concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, animou ás rapazas e rapaces de Narón, e tamén doutros concellos, a desprazarse o domingo á Casa da Mocidade, donde poderán gozar dunha gran variedade de actividades sobre a citada temática e tamén doutras propostas lúdicas.
O programa inclúe un torneo VGC (2DS/3DS) para o que está aberto o prazo de inscrición, debendo tramitarse as mesmas a través do perfil de Facebook da Asociación Cultural Gaikai -https://www.facebook.com/AsociacionGaikai/-, tal e como indicaron desde a entidade. Así mesmo, ao longo da tarde sucederanse propostas como clases de cartas Pokémon, xogos de taboleiro, unha xincana, manualidades, e haberá consolas retro e un karaoke. Para participar nestas últimas actividades, dirixidas a persoas de diferentes idades, non será preciso inscribirse previamente.
Mauriz destacou o traballo que dende a Casa da Mocidade están realizando diversas asociacións, entre elas Gaikai, “que contribúe a diversificar a oferta de lecer dirixida aos mozos e mozas programando varias propostas ao longo do ano e tamén colaborando con eventos que organizamos dende o Concello”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal