Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASISTIU HOXE Á INAUGURACIÓN DA NOVA LIÑA DE PRODUCIÓN DA EMPRESA TOPZSTONE
Marián Ferreiro felicitou no acto aos propietarios do grupo Guidoni e ao persoal directivo e plantel da empresa pola ampliación da produción e a creación de novos postos de traballo no polígono naronés de As Lagoas, donde está asentada a fábrica
Narón, 19 de setembro de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, acudiu hoxe ao acto inaugural da nova liña de produción da factoría Topzstone, do Grupo Guidoni e asentada no polígono industrial naronés das Lagoas. O evento desenvolveuse esta mañá, a partir das 12.00 horas e no mesmo estiveron tamén presentes os propietarios da empresa, o CEO do grupo, Rafael Guidoni, o xerente, Diego Pellini e outras autoridades, ademáis de portavoces da corporación local naronesa, o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, outros edís da corporación, e traballadoras e traballadores da empresa. Na súa intervención a rexedora local recoñeceu a importancia do acto de presentación da nova liña produtiva da fábrica de aglomerado de cuarzo. Ferreiro transmitiu os seus parabéns en particular e os do Concello de Narón en xeral tanto ao persoal directivo como ao resto de traballadoras e traballadores da factoría. “Todas e todos vós sodes os artífices da boa marcha desta empresa nos últimos anos”, asegurou a alcaldesa, que incidiu en que “hoxe é un día de celebración que chega tras uns tempos difíciles para esta empresa, que soubo remontar e atopar a estabilidade da man do grupo Guidoni”. Mostra desa estabilidade, recalcou, “é a inauguración desta nova liña de produción, que afianzará á empresa no seu xa consolidado mercado internacional”. A alcaldesa subliñou que “a expansión da compañía trae tamén aparellada outra excelente nova: a creación de novos postos de traballo nesta cidade, para os que precisamente ten aberto un proceso co fin de materializar esas contratacións”. A maiores, incidiu en que Narón “ten que continuar sendo o referente empresarial da comarca”, para o que garantiu o “máximo apoio” do goberno local. Trala intervención de Ferreiro os asistentes realizaron unha visita polas instalacións de Topzstone, centrándose na nova liña de produción, para coñecer de primeira man as instalacións.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal