Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UN CURSO DE "SOLDADURA CON ELECTRODO E TIG" DIRIXIDO A PERSOAS DESEMPREGADAS DE NARÓN
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que as solicitudes de praza poderán tramitarse dende o vindeiro mércores ata o 2 de outubro
Narón, 23 de setembro de 2019. O Concello de Narón convoca un curso de Soldadura con electrodo e TIG do Programa Municipal de Formación. A acción formativa diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, incidiu en que para poder realizar o curso é preciso dispoñer da acreditación da formación básica en Prevención de riscos laborais (60 horas), debendo presentar unha copia do diploma ou certificación do mesmo coa solicitude. As inscricións poderán tramitarse, tal e como indicou a edil, a partir do vindeiro mércores, día 25 e ata o 2 de outubro. O curso dispón dun total de quince prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. A acción formativa consta dun total de 400 horas que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, no que respecta á parte teórica, e as prácticas terán lugar en empresas colaboradoras. As sesións iniciaranse, según as previsións, o 9 de outubro, e rematarán o 26 de decembro deste ano. As clases en aula serán de luns a venres entre as 7.30 e as 15.00 horas e as prácticas -un total de 100 horas- serán durante oito horas diarias, que fixarán as propias empresas colaboradoras, tal e como explicou Hermida. Simboloxía en soldadura, Interpretación de planos de soldadura, Procesos de corte e preparación de bordes para soldadura, Soldadura TIG de aceiro ao carbono, aceiro inoxidable e aluminio, Técnicas operativas de soldeo e Defectos na soldadura nos procesos MMa e TIG, causas e correccións, serán algúns dos contidos que abordará o alumnado destes cursos. As inscricións poden realizarse no Rexistro Xeral do Concello –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas ata o 30 de setembro e de 8.30 a 13.30 dende o 1 de outubro-, na Sede Electrónica do Concello ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para recibir máis información pódese consultar a páxina web do Concello, a Sede Electrónica de Narón ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal