Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O "III FESTIVAL INTERNACIONAL DE COROS"
O Padroado da Cultura de Narón colabora nesta cita, organizada pola Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros
Narón, 24 de setembro de 2019. O Padroado da Cultura de Narón colabora coa Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, na terceira edición do "Festival internacional de coros" que terá lugar este sábado, día 28, no Auditorio municipal da cidade. A cita será a partir das 18.00 horas, e na mesma, tal e como indicou o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, actuarán a Coral Polifónica de Vila Nova de Cerveira (Portugal); a Coral Lembranzas da Terra (Valdoviño) e a Coral da Sociedade Cultural Areosa (Narón). A entrada é de balde. A cita enmárcase no programa de actos que a citada entidade naronesa deseñou para conmemorar o seu corenta aniversario.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal