Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS OFRECE UN ESPAZO PARA A EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE ARTISTAS CONSAGRADOS E NOVEIS
O CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS OFRECE UN ESPAZO PARA A EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE ARTISTAS CONSAGRADOS E NOVEIS
A concelleira de Benestar Social Catalina García, desprazouse ás instalacións municipais para ver unha mostra do artista Regino Molina
Narón, 27 de setembro de 2019. O artista Regino Molina, nado en Badajoz e residente no veciño municipio de Ferrol, expón estes días parte do seu traballo pictórico no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, desprazouse ás citadas instalacións municipais para compartir un tempo co pintor e ver as obras que forman parte da súa mostra, integrada nesta ocasión por vinte e catro cadros de diferentes temáticas.
Molina contoulle a García, a modo anecdótico, que a súa nai sempre recordaba que, de neno, nas clases de debuxo, “o mestre sempre lle poñía un once de nota, porque era xa excepcional”. Na actualidade o artista imparte tamén clases de pintura.
A concelleira de Benestar Social explicou que a exposición de Regino Molina é unha das que se programarán no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros ao longo do ano, e avanzou que xa hai outra prevista en outubro. “Quero animar á xente a que acuda a ver os cadros deste artista e tamén felicitar a este centro por impulsar esta iniciativa, a través da que se permitirá a artistas consagrados e noveis expoñer os seus traballos”. García animou ás persoas interesadas a informarse nas propias instalacións sobre esa posibilidade “para dispoñer dun espazo municipal no que expoñer as súas obras e sen ter que afrontar gasto algún, o que representa unha moi boa oportunidade para dar a coñecer o traballo que realiza moita xente da nosa cidade e tamén doutros concellos da comarca”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal