Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
DOUSCENTOS ALUMNOS E ALUMNAS DOS COLEXIOS VIRXE DO MAR E AYALA PARTICIPAN DENDE HOXE NOS "CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS"
O alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, desprazáronse esta mañá ao colexio Virxe do Mar con motivo do inicio deste programa municipal
Narón, 30 de setembro de 2019. O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, desprazáronse esta mañá ao colexio Virxe do Mar con motivo do inicio do programa Camiños Escolares Seguros, que tamén comezou hoxe no colexio Ayala. Un total de douscentos nenos e nenas de ambos centros sumáronse a esta iniciativa, a través da que consiguen unha Pegada –a modo de punto- por cada día que van a pé, en bicicleta ou en patinete ao centro educativo. No colexio Ayala o sistema funcionou dende primeira hora con total normalidade, se ben no Virxe do Mar foi preciso realizar uns axustes que quedaron subsanados esta mesma mañá e onde os menores recibiron igualmente a primeira das Pegadas do programa. No colexio Virxe do Mar dispoñen xa das pulseiras coas que realizar o control no acceso –instaláronse dous equipos- un total de 103 alumnas e alumnos, se ben no Ayala inscribíronse 97 –un equipo instalado-. Os pais e nais dos menores reciben unha mensaxe no seu móbil unha vez que o menor realiza o “check point” na entrada. O procedemento completo, así como o catálogo de agasallos, pode consultarse na páxina: pegadas.naron.es e na APP Pegadas Narón (dispoñible polo momento en Android). Os Camiños Escolares Seguros funcionan xa nos colexios de Piñeiros, Ponte de Xuvia, A Solaina e Jorge Juan, donde tamén se retomaron esta mesma mañá. A previsión do goberno local é, tal e como avanzou Román Romero, poder inicialos o vindeiro curso nos colexios da Gándara e Santiago Apóstol, para o que este mesmo curso se comezará a traballar nos trazados e na sinalización das rutas. Así mesmo, Romero indicou que “outra das opcións das que analizaremos a súa viabilidade é implantar tamén este programa no CRA, ampliando así o número de centros e, polo tanto, de alumnas e alumnos que se poden beneficiar deste programa co que fomentamos o deporte, a autonomía dos nenos e nenas e tamén os incentivamos con diversos premios”. Sobre este último asunto o concelleiro naronés agradeceu “a colaboración e implicación dos preto de cen establecementos da cidade que se adheriron a este programa para poder ofrecer un variado catálogo de agasallos aos nenos e nenas” e destacou tamén “a gran colaboración prestada polo equipo de Educación Viaria do Concello de Narón, pola comunidade educativa e as familias dos menores para que este programa continúe sendo todo un éxito”. Durante o pasado curso escolar, un total de 859 alumas e alumnos de Narón participaron nos Camiños Escolares Seguros, unha cifra á que a día de hoxe se suman os 200 dos colexios Ayala e Virxe do Mar e que se incrementará con novas altas de aquí a finais do actual curso escolar.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal