Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O ESPECTÁCULO DE MENTALISMO "TONI BRIGHT, VOLVER A CREER, MAGIA DE LA MENTE"
O mentalista español Toni Bright traerá a Narón un espectáculo no que interactuará co público asistente
Narón, 2 de outubro de 2019. O mentalista español Toni Bright subirase o vindeiro sábado, día 5, ao escenario do Pazo co espectáculo de mentalismo e maxia “Toni Bright, volver a creer, magia de la mente”, dirixido a todo tipo de públicos. A cita será ás 20.00 horas e as entradas dispoñibles teñen un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8 para menores de 11 anos, podendo adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura. Toni Bright naceu en Alacante e é un apaixoado do mundo do mentalismo, donde está considerado como un dos profesionais con máis prestixio do país. Percorreu co seu traballo gran parte dos teatros nacionais, donde deu a coñecer ante o público o poder da mente e tamén levou os seus espectáculos á grandes canles de radio e televisión. No Pazo da Cultura o mentalista Toni Bright interactuará co público asistente durante a hora e media que durará este espectáculo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal