Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A PROGRAMACIÓN INFANTIL E XUVENIL DO PADROADO DA CULTURA INCLÚE NOVE ESPECTÁCULOS NO ÚLTIMO TRIMESTRE DO ANO NO PAZO DA CULTURA
A PROGRAMACIÓN INFANTIL E XUVENIL DO PADROADO DA CULTURA INCLÚE NOVE ESPECTÁCULOS NO ÚLTIMO TRIMESTRE DO ANO NO PAZO DA CULTURA
A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou a importante presenza de compañías galegas na programación e a variedade dos espectáculos
Narón, 3 de outubro de 2019. O Pazo da Cultura acollerá entre neste último trimestre do ano un total de nove espectáculos dirixidos ao público infantil. Teatro xestual, música, circo, comedia, monicreques e ópera forman parte das propostas desta programación, organizada en colaboración, entre outros, coa Rede Galega de Teatros e Auditorios, o Agadic e a Deputación da Coruña. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou o feito de que “as compañías galegas teñen un papel moi destacado na programación deste último trimestre do ano, no que é unha aposta do Padroado da Cultura por continuar apoiando o gran traballo que na área cultural se está levando a cabo dende hai anos en Galicia”. Marián Ferreiro destacou a “variedade de propostas desta programación, pensada para público familiar, infantil e xuvenil e que completará a oferta de espectáculos do Pazo da Cultura de aquí a finais de ano”.
O vindeiro domingo, día 6, a compañía Avento Producións representará a obra “Hansel e Gretel”, a partir das 18.00 horas. Trátase dunha comedia musical, de case unha hora de duración e en galego dirixida a público familiar e infantil (a partir de 3 anos). Dous irmáns, Hansel e Gretel, propóñense axudar ao seu pai tras quedar este último no paro. Adéntranse no bosque na procura de alimentos pero atopan unha bruxa prestamista que engaiola ao irmán para comelo pero dous seres máxicos axudarán a salvalo.
A vindeira cita será o venres 11 deste mes, ás 20.30, co concerto "No Camiño", do grupo Setestrelo. Trátase dunha presentación en galego, teatralizada, canto e música na que se realiza un percorrido polos diversos Camiños de Santiago que entran en Galicia. A través das imaxes e vídeos, así como da música e a canción, Setestrelo aposta por levar ao público á fantasía de facer o Camiño de Santiago dende as súas butacas, poñendo en valor a música.
A última proposta deste mes será o espectáculo "La banda del otro-Yee Haw", da compañía Hermanos inconfundibles. Poderá verse o día 20 ás 18.00 horas e diríxese a todos os públicos. Esta banda compaxina o circo, dando mostra das súas habilidades co malabarismo, e faise pasar por músicos, trazando un golpe, como os bandidos, que case sempre acaba levando algún integrante da banda.
No mes de novembro a programación comezará coa compañía Teatro do Noroeste, que o día 3 ás 18.00 horas representa o espectáculo “Animais de compañía”, en galego e para público infantil a partir de 6 anos. Unha cadela, Fedra, a súa dona, Rebeca, e Maxa, unha gata, protagonizan este espectáculo, no que Fedra espera á súa dona que se retrasa –e que a rescatou dun refuxio de animais- e mentres conversa coa gata Maxa. A cadela e a gata contan algunhas historias da súa vida.
Outro espectáculo programado en novembro será “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, da compañía A xanela do Maxín. Poderá verse o día 17 no Café Teatro do Pazo da Cultura ás 18.00 horas e diríxese a público infantil a partir de 2 anos. É outro espectáculo en galego protagonizado por unha toupiña que saíu do seu tobo e lle cae algo na cabeza, polo que indignada trata de investigar de que animal da granxa procede.
O día 24 de novembro poderá verse “Ñam!”, de Caramuxo Teatro, ás 18.00 horas no Café Teatro do Pazo. Esta comedia está dirixida a bebés a partir de 1 ano. É un espectáculo moi visual e no que o teatro se mistura coa danza en clave de comedia e centrado no mundo da cociña, prestando especial atención a todos os sentidos.
No mes de decembro, o día 1 terá lugar “El viaje de Ulises”, de Teatro Gorakada, a partir das 18.00 horas. A temática xira sobre a viaxe de Ulises como metáfora da vida, a loita contra as dificultades e como resolvelas, coas aventuras moi presentes e os xogos compartidos.
A ópera será a protagonista o día 7 de decembro, ás 20.00 horas, con “O loro de Carlos V”, da Ópera infantil coa Orquestra Sinfónica de Galicia. Spiridon, o loro favorito do emperador escapou e ninguén se atreve a dicirllo ao monarca pero acaba enterándose e ofrece unha recompensa a quen o atope, que será unha parella de labregos.
O último dos espectáculos programados é El Pekemusical de la Navidad, o día 20 de decembro ás 18.00 horas. A compañía Tertulia Producción traerá ao Pazo este espectáculo, centrado no Nadal.
As entradas para estes espectáculos poden adquirirse na billeteira do Pazo, de luns a venres entre as 9.30 e as 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas e os sábados de 9.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal