Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLE A EXPOSICIÓN "A REVOLUCIÓN DA PANDEIRETA" CON TRABALLOS DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS DO PADROADO
A mostra esta formada por un centenar de pandeiretas e poderá verse ata finais de mes, tal e como indicaron o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, e o mestre do obradoiro, Emilio Romero
Narón, 4 de outubro de 2019. O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, acudiu esta tarde á inauguración da exposición “A revolución da pandeireta”, que poderá verse dende mañá ata o 31 deste mes no Pazo da Cultura. Outros representantes da corporación local asistiron tamén ao acto, acompañando a Emilio Romero, profesor dende hai dúas décadas do Obradoiro de Construción de Instrumentos Tradicionais do Padroado da Cultura, donde se realizaron o centenar de pandeiretas que permanecerán expostas nesta mostra. Sánchez Fojo valorou o traballo realizado por Romero á fronte deste Obradoiro e tamén destacou a exitosa acollida do mesmo, no que, tal e como recordou, o ano pasado participaron preto dun centenar de alumnas e alumnos. A maiores das pandeiretas, nos Obradoiros de Construción de Instrumentos realízanse outros instrumentos, como tambores, bombos ou pandeiros, principalmente de percusión. “A través desta mostra podemos ver dende as pandeiretas máis tradicionais, tal e como as coñeciamos dos nosos antergos, ata outras máis modernas, tanto no que se refire aos materiais empregados na súa construción como ás medidas”, asegurou o edil. “Detrás de cada unha destas pandeiretas hai un intenso traballo de alumnas e alumnos do Obradoiro de Construción de Instrumentos, aos que quero felicitar polo excelente resultado”, destacou Sánchez Fojo. Así mesmo, valorou “a aposta realizada dende o Padroado da Cultura para poñer en marcha este e outros obradoiros e, no caso particular do de Construción de Instrumentos, o labor desenvolvido nos últimos vinte anos polo profesor do mesmo, Emilio Romero, un labor avalado polo éxito que teñen dentro da oferta do Padroado da Cultura ano tras ano”. Pola súa parte, Emilio Romero fixo un repaso pola historia deste instrumento musical, incidindo na evolución que experimentou “sobre todo, nos últimos dez anos, pasando de ser pandeiretas tradicionais, feitas con láminas de madeira de piñeiro curvadas, pelicas de cabra e ferreñas, e utilizar outros materiais tanto para os corpos como para as ferreñas, cambiar as medidas tradicionais…”. Emilio Romero asegurou estar “moi orgulloso dos alumnos e alumas do Obradoiro de Construción de Instrumentos Tradicionais do Padroado da Cultura” e incidiu en que se trata “dunha exposición única en España, non pola cantidade de pandeiretas expostas, senón pola súa calidade e variedade”. Finalmente, o concelleiro de Cultura animou ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a achegarse ao Pazo da Cultura –no horario de apertura das instalacións- para poder ver esta exposición de pandeiretas, “na que se constata a evolución deste instrumento nos últimos anos e para comprobar de primeira man o gran traballo realizado neste Obradoiro de Construción de Instrumentos”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal