Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONMEMORARÁ MAÑÁ O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL COA LECTURA DUN MANIFESTO NO PARQUE DO RÍO FREIXEIRO
Representantes da corporación local naronesa e da Asociación Saúde Mental Ferrolterra, Eume e Ortegal participarán nesta iniciativa, que dará comezo ás 10.00 horas
Narón, 9 de outubro de 2019. O Concello de Narón conmemorará mañá o Día Mundial da Saúde Mental cun acto no parque do Río Freixeiro organizado en colaboración coa Asociación Saúde Mental Ferrolterra, Eume e Ortegal. A convocatoria, á que están convidados os representantes da corporación local, será a partir das 10.00 horas, cando terá lugar a lectura dunha proclama sobre o Día Mundial da Saúde Mental. No acto participarán tamén representantes da citada asociación, entre eles o presidente, Félix Pena, e usuarios e usuarias da mesma, ademáis do xefe de Psiquiatría da Área Sanitaria de Ferrol, Antonio Núñez. O programa de actos, que incluíu iniciativas noutros concellos da comarca, conmemorará o Día Mundial da Saúde Mental baixo a temática do suicidio, co lema “Conect@ coa vida”. A través destas iniciativas apóstase por dar maior visibilidade a este tema, centrándose na sensibilización e prevención deste tipo de condutas, consideradas pola OMS como un dos problemas máis graves de saúde pública na actualidade. A programación da asociación na cidade pecharase o venres, día 11, coa celebración dun magosto ao que asistirán usuarios e usuarias dos Centros de Rehabilitación e Ocupacional da entidade, cunha das súas sedes en Narón. No marco desta mesma campaña conmemorativa do Día Mundial da Saúde Mental habilitouse a páxina web: conectacoavidagalicia.org, na que se ofrece información sobre o lema deste ano. Nas redes sociais tamén se difunde a campaña a través do hashtag #conectacoavida, e animando aos internautas a compartir fotografías nas que lle dean unha aperta a outra persoa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal