Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO DISPÓN DALGUNHAS PRAZAS PARA SEIS OBRADOIROS MUNICIPAIS DIRIXIDOS A ALUMNADO DE CENTROS DE ENSINO DE NARÓN E ÁS SÚAS FAMILIAS
O CONCELLO DISPÓN DALGUNHAS PRAZAS PARA SEIS OBRADOIROS MUNICIPAIS DIRIXIDOS A ALUMNADO DE CENTROS DE ENSINO DE NARÓN E ÁS SÚAS FAMILIAS
A edil que coordina o Servizo Sociocomunitario Municipal, Mercedes Taibo, indicou que unha parte dos obradoiros son de balde e outros requiren o abono estipulado na pertinente ordenanza municipal
Narón, 9 de outubro de 2019. O Concello de Narón dispón aínda de vacantes para seis obradoiros convocados a través do departamento do Servizo Sociocomunitario, coordinado pola edil Mercedes Taibo. Trátase de varias propostas dirixidas a persoas de diferentes idades –alumnado dos centros e as súas familias- e, en función das actividades, de balde ou abonando unha taxa establecida na pertinente ordenanza municipal.
Tres dos obradoiros son a través do Programa Municipal de Educación Extraescolar (Promedex), da área de Educación: “Canta con nós”, “Robótica Educativa” e “Espazos de educación familiar”. O primeiro deles diríxese a menores de entre 6 e 16 anos, cun total de 45 prazas para os nados entre 2007 e 2013 e 35 para os nados entre 2003 e 2006. En canto ao obradoiro de “Robótica educativa”, ofértanse un total de trinta prazas, dez para menores de 12 a 14 anos e as vinte restantes para os que teñen entre 8 e 11 anos, escolarizados en centros de ensino da cidade.
O terceiro dos obradoiros do programa Promedex é “Espazos de educación familiar”, neste caso con 80 prazas en total para crear catro grupos, un para as familias das escolas infantís e tres para as familias do alumnado dos centros de ensino de Infantil, Primaria e Secundaria da cidade. Nestes tres obradoiros de Promedex os asistentes deberán abonar unha taxa de 8,15 euros, a establecida na ordenanza fiscal que regula os servizos prestados dende o Servizo Sociocomunitario.
Así mesmo, tamén quedan dispoñibles algunhas vacantes no obradoiro de “Música e Técnica vocal para a xuventude”, impulsados a través da área de Mocidade e dirixidos a mozas e mozos de entre 16 e 35 anos. O Concello ofertou un total de 50 prazas. No caso deste obradoiro, a asistencia implica tamén o pago da taxa de 8,15 euros por persoa.
Por último, tamén quedan prazas libres nos obradoiros de “Reforzo educativo a través das novas tecnoloxías” (Reforzatic) e de “Atención Social preventiva de Menores en risco de exclusión social” (Premenor), ambos de balde. O primeiro deles oferta sesenta prazas en total para alumnado de centros de ensino de Narón que curse Primaria e que será derivado a través dos departamentos de Orientación dos propios centros. O segundo obradoiro, Premenor, unha das novidades deste ano dende a área de Benestar Social, dispón de corenta prazas para alumnado de centros de Narón que curse ESO ou FPBI, e que será derivado a través do Servizo Sociocomunitario de Narón.
As inscricións en todas estas actividades poden tramitarse a través do Rexistro Municipal –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.30 horas-, da Sede Electrónica do Concello ou de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para obter máis información pódese acudir ao Servizo Sociocomunitario Municipal –no primeiro andar do Concello- ou consultar a Sede Electrónica do Concello: sedeelectronica.naron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal