CELEBRADO O PLENO EXTRAORDINARIO DE CONSTITUCIÓN DAS MESAS ELECTORAIS DO 10 DE NOVEMBRO
A través dun procedemento informático designouse aos presidentes e vocais das mesas electorais, que recibirán unha notificación no seu domicilio habitual
Narón, 15 de outubro de 2019. O Concello acolleu hoxe, ás 9.15 horas, un pleno extraordinario para a designación dos integrantes das corenta e sete mesas electorais que se habilitarán no municipio –presidentes, vocais e dous suplentes de cada cargo- de cara aos comicios xerais do vindeiro 10 de novembro.
O sorteo realízase mediante un procedemento informático e as persoas seleccionadas recibirán nos vindeiros días unha notificación no seu domicilio. No caso de non poder acudir será preciso comunicalo e xustificalo ante a Xunta Electoral de Zona –no Xulgado de Ferrol- nun prazo de sete días hábiles (dende a recepción da comunicación).