Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO REFORZARÁ A VIXILANCIA DE ESPAZOS PÚBLICOS PARA EVITAR ROUBOS E DESPERFECTOS NO MOBILIARIO URBÁN
O CONCELLO REFORZARÁ A VIXILANCIA DE ESPAZOS PÚBLICOS PARA EVITAR ROUBOS E DESPERFECTOS NO MOBILIARIO URBÁN
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, denunciou o roubo de varios elementos de mobiliario urbán esta semana no Parque do Río Freixeiro
Narón, 15 de outubro de 2019. O Concello intensificará a vixilancia de espazos públicos da cidade para evitar roubos e desperfectos de mobiliario urbán. Así o indicou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, que denunciou que esta mesma semana se rexistraron roubos de mobiliario urbán no Parque do Río Freixeiro. O edil indicou que tras recibir un aviso os axentes desprazáronse ao lugar para redactar o pertinente atestado e valorar os danos ocasionados.
Romero explicou que, tal e como consta no informe policial, faltan cinco pezas metálicas das que recubren a base das árbores localizadas na beirarrúa do citado paseo, todas elas ubicadas na zona máis próxima á rúa Martínez de la Rosa. Así mesmo, faltan dúas tapas de rexistro de recollida de augas pluviais, nesa mesma ubicación, e dous tramos de tapas de rexistro de drenaxe de auga –unha de seis metros e outra de catro- que estaban na beirarrúa do paseo, nas inmediacións das escaleiras próximas á rotonda de Freixeiro.
Os axentes que se desprazaron á zona afectada polo roubo colocaron conos de sinalización para marcar a área afectada e evitar posibles riscos aos viandantes.
O concelleiro de Seguridade Cidadá apelou á colaboración cidadá para que “no caso de que vexan algunha conduta sospeitosa de roubo avisen de inmediato á Policía Local, para deste xeito poder, entre todos e todas, erradicar este tipo de roubos e, na medida do posible, contribuír a identificar ás persoas implicadas que, ante a presenza dos axentes, disuaden da súa conduta”. Romero subliñou que este tipo de actos “repercuten negativamente nas arcas locais, e polo tanto nos recursos das naronesas e naroneses, ao ter que afrontar o Concello os gastos derivados dos roubos e danos sobre o mobiliario urbán”.
O edil naronés avanzou que “dende o goberno local intensificaremos a vixilancia nos espazos públicos da cidade para evitar roubos como o rexistrado esta semana no Parque do Río Freixeiro”. Tamén recordou Romero que as persoas que rouben ou provoquen desperfectos no mobiliario urbán serán denunciadas e afrontar as reclamacións económicas que por danos ocasionados e perxuízo á administración se estipulen legalmente.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal