Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNS 2.000 ESCOLARES DE CENTROS DE ENSINO DE NARÓN E COMARCA ASISTIRÁN ESTA SEMANA ÁS FUNCIÓNS DA "XXXV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL"
O Padroado da Cultura de Narón organiza esta Mostra, que rematará no mes de decembro coas funcións previstas para alumnado de educación Infantil
Narón, 16 de outubro de 2019. Un total de 1.929 escolares de Narón e comarca acudirán esta semana ás representacións da “XXXV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil” que comezou esta mañá no Pazo da Cultura. Do total de alumnas e alumnos 683 de quinto e sexto curso de Primaria e de primeiro e segundo da ESO dos colexios da Solaina, Santiago Apóstol, O Feal, Jorge Juan e do IES Terra de Trasancos, de Narón, e dos centros O Ramo e A Xunqueira, de Fene, Santiago Apóstol, de Mugardos e Eladia Mariño, de Pontedeume, acudiron hoxe á representación da obra “Lázaro de Tormes”, a cargo da compañía galega Pedras de Cartón e cuxas funcións tiveron lugar ás 10.00 e ás 12.00 horas. Nesta edición da Mostra dende o Padroado da Cultura de Narón, presidido pola alcaldesa, Marián Ferreiro, apostouse unha vez máis por “difundir o traballo que se está realizando en Galicia no ámbito cultural, e concretamente neste caso no teatro e a través das cinco compañías que participan este ano na Mostra”. A mesma compañía teatral representará a citada obra mañá xoves –nos mesmos horarios- para alumnado de primeiro e segundo curso da ESO do IES As Telleiras e do colexio do Feal e para escolares de quinto e sexto de Primaria e de primeiro e segundo de ESO dos centros Santiago Apóstol e Ayala, tamén de Narón, e do IES Breamo, de Pontedeume. Así mesmo, o venres poderán ver a citada obra alumnas e alumnos de quinto e sexto de Primaria dos colexios Ponte de Xuvia, Piñeiros, A Gándara, e Virxe do Mar, de Narón; San Isidro e Maciñeira, de Neda; Juan de Lángara, Isaac Peral, Ponzos e Manuel Masdías, de Ferrol; Unión Mugardesa, de Mugardos e A Xunqueira, de Fene. As funcións da “XXXV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil” do Padroado da Cultura de Narón continuarán a vindeira semana, a cargo da compañía Elefante Elegante, que se subirá ao escenario para representar a obra “Patapatúm”. Será os días 22, 23 e 24 no Pazo, ata donde se desprazarán un total de 2.393 alumnas e alumnos de primeiro a cuarto curso de Primaria de colexios de Narón e doutros concellos da comarca. Nas xornadas do 29 e 30 deste mes será o turno, tamén no Pazo da Cultura, de 1.145 alumnas e alumnos de terceiro e cuarto curso da ESO e primeiro e segundo de Bacharelato, que poderán ver a obra “Os fillos do sol”, da compañía Contraproducións. As representacións da Mostra trasladaranse ao Auditorio municipal, na Praza de Galicia, os días 5, 6 e 7 de novembro, cando actuará a compañía Ghazafelhos, que representará “Acuario” para 1.773 menores de educación Infantil, tamén de centros de Narón e comarca. Finalmente o Padroado da Cultura programou para o mes de decembro, os días 10, 11, 12 e 13, as representacións previstas nas tres escolas infantís municipais –A Solaina, A Gándara e Piñeiros-, e na unidade de Infantil do colexio Santiago Apóstol de Narón. Neste caso será o turno de Caramuxo Teatro, que representará nos propios centros a obra “Redondo”. A Deputación da Coruña e a Axencia Galega das Industrias Culturais colaboran nesta Mostra na que actuarán cinco compañías. Os escolares de Narón pagan dous euros en concepto da entrada dos espectáculos, mentres que o Concello abona os gastos derivados do desprazamentos dos escolares en autobús dende os centros ao Pazo da Cultura ou o Auditorio Municipal, según o caso.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal