Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DA OBRA "LUCES DE BOHEMIA" E DO ESPECTÁCULO "LA BANDA DE OTRO-YEE HAW"
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DA OBRA
A programación cultural da cidade continúa esta semana con estas dúas propostas, para público adulto, o sábado, e familiar, o domingo
Narón, 16 de outubro de 2019. O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana dous espectáculos, con propostas dirixidas a adultos pero tamén ao público infantil. Na xornada do sábado, día 19, terá lugar ás 20.00 horas a representación da peza de teatro clásico “Luces de Bohemia”, da compañía Teatro Clásico de Sevilla, e o domingo día 20 ás 18.00 horas será o turno da compañía Hermanos inconfundibles, que representará “La banda de otro-Yee haw".
“Luces de Bohemia” é un espectáculo que aborda un novo xénero, o do esperpento, rompendo coas convencións escénicas anteriores. O mundo bohemio, literario e a realidade revolucionaria da época na que se desenvolve a historia mistúranse nesta peza de teatro clásico na que se representan os problemas do artista moderno e a súa tráxica lucidez. A obra é un ataque á España da súa época e converteuse nun clásico da literatura. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).
A proposta para o público infantil desta fin de semana virá da man da compañía Hermanos inconfundibles, que o domingo representará a obra “La Banda de otro-Yee Haw”. Unha banda cuxa orixe se descoñece pero sobre a que se si se cree que podería ser dalgún lugar do oeste de Andaluisiana. Circo, música e humor están moi presentes neste espectáculo. O prezo das entradas é de 10 euros para o público xeral e de 7 para abonados, desempregados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e menores de 14 anos. Poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal