Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A AXENCIA DE LECTURA DA GÁNDARA ESTREARÁ ESTA TARDE O NOVO SERVIZO DE XOGOS DE MESA
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que poderán utilízalo as persoas con carné da Rede de Bilbiotecas
Narón, 21 de outubro de 2019. A Concellería de Bibliotecas ofrecerá dende esta tarde un novo servizo a través da Axencia de Lectura municipal da Gándara. As persoas co carné da Rede de Bibliotecas poderán desprazarse a diario ás instalacións –ubicadas na Casa da Mocidade- para facer uso do citado servizo entre as 16.00 e as 20.00 horas, tal e como indicou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo. Os xogos poderán utilizarse na propia Axencia de Lectura da Gándara ou no hall da Casa da Mocidade e están clasificados por idades e temáticas, según explicou a edil naronesa. Así mesmo, Taibo avanzou que se comeza cunha decena de propostas –como Jenga, Conecta 4, Letra a Letra, Story Cubes…- coa intención de incrementar esa oferta de xogos de mesa nos vindeiros meses. “Tralo inicio das obras de mellora de accesibilidade na Biblioteca central, actualmente en execución e que nos obrigaron a pechar temporalmente a sala infantil, temos reforzado o horario da Axencia de Lectura municipal da Gándara, donde se prestará este novo servizo, que animo a utilizar ás veciñas e veciños de Narón, dende esta mesma tarde”, apuntou.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal