Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O EQUIPO DE EUCACIÓN VIARIA DE NARÓN RECIBIRÁ ESTE VENRES O PREMIO ÁS BOAS PRÁCTICAS DAS POLICÍAS LOCAIS DE GALICIA
O EQUIPO DE EUCACIÓN VIARIA DE NARÓN RECIBIRÁ ESTE VENRES O PREMIO ÁS BOAS PRÁCTICAS DAS POLICÍAS LOCAIS DE GALICIA
Os axentes Pedro Caneiro e Sonia López recibirán a distinción nun acto que se celebrará na sede da Agasp, na Estrada (Pontevedra)
Narón, 23 de outubro de 2019. Os axentes da Policía Local de Narón Pedro Caneiro e Sonia López, integrantes do Equipo de Educación Viaria de Narón, recbirán este venres na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) na Estrada (Pontevedra), o Premio ás Boas Prácticas das Policías Locais de Galicia. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, felicitou novamente aos axentes naroneses polo traballo que se está realizando dende o Concello nesta área e destacou o compromiso do goberno local coa educación e a seguridade viarias.
Os afiliados e afiliadas de Axempol foron os encargados de votar ás diferentes candidaturas presentadas ás distincións á Dirección das Policías Locais de Galicia 2019. O acto de entrega da distinción terá lugar no transcurso do “III Encontro das Policías Locais de Galicia”, convocado pola Asociación de Xefes de Corpo e Mandos de Policía Local de Galicia (Axempol) e a Unión Nacional de Jefes e Directivos da Policía Local (Unijepol-Galicia) e está aberto a todos os integrantes das Policías Locais de Galicia, incluíndo no programa a ceremonia de entrega das medallas ao Bo servizo nas Policías Locais e das distincións ás Policías Locais de Galicia outorgadas por Axempol.
O acto inaugural da terceira edición do Encontro das Policías Locais de Galicia será ás 9.30 horas e no mesmo, a maiores do alcalde da Estrada, José López, participarán o presidente nacional de Unijepol, Pascual Martínez, e o presidente de Axempol, José Antonio Brandariz. A ceremonia de entrega das distincións ás Policías Locais de Galicia será a partir das 12.30 horas.
O Equipo de Educación Viaria de Narón foi, xunto coa Policía Local da Coruña, a gañadora do Premio ás Boas Prácticas das Policías Locais de Galicia concedido para poboacións de máis de 25.000 habitantes.
“É un gran orgullo o feito de que os propios compañeiros e compañeiras da Policía Local recoñezan a nivel autonómico o traballo que se está realizando dende o Equipo de Educación Viaria de Narón”, asegurou Ferreiro. A alcaldesa subliñou que “continuaremos apostando por esta área, traballando e impulsando novas accións encamiñadas a facer de Narón unha cidade cada día máis segura coa colaboración de todas as nosas veciñas e veciños, aos que temos que agradecer a súa implicación en cantas iniciativas impulsamos en materia de seguridade e educación viaria”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal