Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A PARROQUIA DE SAN MATEO ACOLLERÁ OS ACTOS DO SAMAÍN ORGANIZADO POLO CONCELLO E A AGRUPACIÓN VECIÑAL DE SAN MATEO
A PARROQUIA DE SAN MATEO ACOLLERÁ OS ACTOS DO SAMAÍN ORGANIZADO POLO CONCELLO E A AGRUPACIÓN VECIÑAL DE SAN MATEO
O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, presentou xunto con Laura Fernández e José García, da Agrupación Veciñal de San Mateo, os actos que se desenvolverán o día 31 de outubro na parroquia
Narón, 28 de outubro de 2019. O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, e a tesoureira e o secretario da Agrupación Veciñal San Mateo de Trasancos, Laura Fernández e José García, respectivamente, presentaron esta mañá no Concello o programa de actos do Samaín Trasancos, que terá lugar este xoves, día 31 no Centro Cívico Social da parroquia e nas súas inmediacións.
A partir das 17.00 horas haberá unha exposición das cabazas realizadas nos centros de ensino da cidade que participaron nun obradoiro que, ao igual que anos anteriores, se impulsou a través do Padroado da Cultura de Narón. Tamén ás 17.00 horas darán comezo uns obradoiros de cabazas e maquillaxe dirixidos a persoas de diferentes idades.
A música desta xornada festiva chegará ás 19.00 horas da man de Xoán Curiel, que interpretará “A Casa do Terror”: Neste concerto cóntase unha historia protagonizada por un grupo de amigos e amigas que teñen que durmir nunha casa encantada e donde vivirán terroríficas historias, á par que divertidas. Posteriormente, sobre as 20.30 iniciarase en San Mateo a tradicional “Comitiva de Luces e Tebras”, que consiste nun percorrido de aproximadamente un quilómetro e medio polas inmediacións do Centro Cívico Social da parroquia. No mesmo poderán participar todas as persoas que o desexen, portando candeas para alumear na escuridade o camiño que percorrerán pola zona na noite do Samaín. Unha vez rematada a “Comitiva de Luces e Tebras”, sobre as 21.00 horas, será o turno do “Obradoiro do Medo”, que un ano máis se desenvolverá nas instalacións do CRA de San Mateo. As persoas que se acheguen ata alí terán a oportunidade de vivir unha serie de experiencias tenebrosas, propias desta xornada do Samaín.
Finalmente, o grupo de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón pechará o programa, sobre as 21.15 horas, interpretando varias pezas de música tradicional.
As persoas que acudan ao Samaín de San Mateo tamén poderán degustar, a un prezo simbólico dun euro, racións de caldo elaborado por veciñas e veciños da parroquia, acompañado de liscos, pan e bebidas.
Dende a Agrupación Veciñal San Mateo de Trasancos agradeceron a colaboración prestada dende o Concello para poder organizar este programa. Así mesmo, o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, destacou o traballo que realiza a entidade por manter vivas tradicións como a do Samaín e animou á veciñanza a acudir a esta cita “unha das máis festexadas na parroquia de San Mateo e que cada ano reúne a preto de medio milleiro de persoas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2020 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal