Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A PARROQUIA DE DOSO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO UNHA NOVA EDICIÓN DA "RECREACIÓN DA ESFOLLA"
A PARROQUIA DE DOSO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO UNHA NOVA EDICIÓN DA
Os actos incluídos no programa deseñado dende o Padroado da Cultura de Narón e a AVV "A Naveira" de Doso comezarán a desenvolverse ás 17.00 horas na pista polideportiva da parroquia
Narón, 4 de novembro de 2019. A pista polideportiva de Doso acollerá este sábado, día 9, os actos da "Recreación da Esfolla", organizados polo Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños “A Naveira”, de Doso. O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, e Severo Castro e Jorge Fernández, da AVV “A Naveira”, presentaron esta mañá a programación, que dará comezo ás 17.00 horas. A organización anima ás persoas a acudir con prendas de roupa como as utilizadas no século XX para ambientar esta celebración, de modo que os homes poderán ir con boina ou sombreiro, chaleque e prendas preferentemente de tecidos como lá ou liño e as mulleres con pano na cabeza, mantón, mandil e zocas ou algún calzado similar.
Dous carros cargados de mazarocas de maínzo cedidas por veciñas e veciños de Narón partirán ás 17.00 horas do rueiro da Braña, seguidos por unha comitiva da asociación veciñal “A Naveira” de Doso, e á que se poden sumar todas as persoas que o desexen. Dirixiranse á pista polideportiva de Doso, donde se desenvolverán ao longo da tarde diversas actividades dirixidas a persoas de tódalas idades. A música e a danza tradicionais de grupos das Escolas do Padroado da Cultura de Narón cobrarán especial protagonismo á hora da recepción á comitiva.
Os nenos e nenas terán a oportunidade de participar en obradoiros de bonecos de maínzo e “Bolas da tixola” e as persoas que se acheguen a Doso terán tamén a oportunidade de ver unha exposición cos bonecos de maínzo que se realizaron nos centros escolares, a través tamén de obradoiros impartidos dende o Padroado da Cultura.
A esfolla do maínzo dará comezo sobre as 18.00 horas e poderá participar toda a xente que o desexe e este ano celebrarase tamén a segunda edición do Campionato de debagado de maínzo, para o que deberán inscribirse a partir das 17.00 horas nunha zona habilitada para tal fin. Tamén será preciso anotarse para participar no concurso de sobremesas, debendo as persoas interesadas entregar as sobremesas ás 17.00 horas e recibindo un número para o citado certame de doces elaborados con produtos de tempada e no que se repartirán varios premios.
Sobre as 19.00 horas dará comezo o concerto da banda de música folk “Pepe Vaamonde Grupo”, integrado por seis recoñecidos profesionais, entre eles o propio Pepe Vaamonde, gaiteiro e compositor das músicas da banda.
Os representantes da entidade veciñal “A Naveira” agradeceron a colaboración prestada dende o Concello de Narón para poder continuar organizando esta celebración na parroquia de Doso.
O concelleiro de Cultura animou á veciñanza a acudir a este evento festivo e agradeceu o labor desenvolvido pola AVV “A Naveira”, recoñecendo “o feito de levar máis de dúas décadas impulsando esta recreación tradicional da esfolla na parroquia, mantendo viva esta tradición e facendo partícipe da mesma a toda a cidadanía, con propostas para xente de diferentes idades”.


Descarga de archivos
Cartaz "Recreación da esfolla"Tamaño: 2,49 MBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal