Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IMPULSA O PROXECTO "TODO O QUE NARÓN É", DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA FOTOGRÁFICA E DOCUMENTAL DA CIDADE
A concelleira de Participación Cidadá. Catalina García, explicou que as imaxes poderán presentarse a partir do vindeiro luns, día 11 de novembro
Narón, 5 de novembro de 2019. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, presentou esta mañá o proxecto “Todo o que Narón é”, sobre recuperación da memoria fotográfica e documental do Concello naronés. A edil naronesa explicou que se trata dunha proposta na que se apela á colaboración cidadá para crear un arquivo fotográfico e documental “que nos axude a reconstruír, conservar e transmitir ás vindeiras xeracións a memoria colectiva que fai de nós, de Narón, un lugar único”. As imaxes poderán presentarse a partir do vindeiro luns, día 11 de novembro. As persoas que desexen colaborar poderán presentar fotografías, tendo especial relevancia as anteriores ao ano 1900 polo seu valor histórico e tamén documentos de interese xeral, como carnés de entidades, cooperativas, asociacións de Narón, etc. A entrada deste material deberá realizarse no Concello, donde tal e como indicou García, se procederá a dixitalizalo e cubrir o documento de identificación e cesión para proceder a devolver o orixinal ao seu propietario ou propietaria. Tamén se poderán entregar por correo postal, á dirección do Concello (Praza de Galicia, nº 1, 15.570, Narón; á atención da auxiliar de Arquivo Municipal, Anabel Bello, á que García agradeceu a súa implicación neste proxecto; on line, na dirección a.bello@naron.es indicando no asunto “Creación do Arquivo fotográfico de Narón” e acompañado do documento de recollida de datos e cesión da imaxe que se pode realizar a través deste correo, e tamén no caso de non poder facelo a través dos citados métodos, existe a posibilidade de que a auxiliar de Arquivo se desprace a uns puntos determinados algúns días para realizar a recollida persoalmente. A finalidade deste proxecto é, como avanzou García “realizar exposicións temporais itinerantes en entidades, asociacións e centros escolares, pero tamén poñer a disposición de investigadores o material recollido, así como traballar nos centros educativos e mesmo para publicación non comercial en función do material recollido". “Dende o Concello de Narón solicitamos a implicación das veciñas e veciños, para entre todas e todos facer realidade este interesante proxecto co que manter viva a historia da nosa cidade, das súas xentes e das súas tradicións e difundir o noso patrimonio transmitíndoo ás novas xeracións”, apuntou a edil naronesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal