Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A LIGA MOTIVOS DE PESO INICIOU ONTE A FASE DOS OBRADOIROS DE COCIÑA CO EQUIPO DE PIÑEIROS
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, e o médico impulsor do programa "100.000 Motivos de Peso", Carlos Piñeiro, participaron na convocatoria celebrada no Centro Cívico Social do barrio
Narón, 7 de novembro de 2019. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, asistiu onte pola tarde, ás 19.00 horas, o primeiro dos obradoiros de cociña da Liga Motivos de Peso, que tivo lugar no Centro Cívico Social de Piñeiros. Na convocatoria estivo tamén presente o médico e impulsor do programa “100.000 Motivos de Peso”, Carlos Piñeiro, que participou na actividade xunto con integrantes do equipo da Liga Motivos de Peso da citada parroquia. As convocatorias sucederanse ao longo deste mes na cidade, nos distintos Centros Cívicos Sociais, tendo lugar esta mesma tarde a de Freixeiro e mañá a de San Xiao, en ambos casos a partir das 19.00 horas e cos seus respectivos equipos que participan na Liga. Os asistentes á convocatoria de onte tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man dunha profesional en materia de dietética como elaborar algúns pratos, como lentellas con verdura e galletas de garavanzos, dátiles, crema de cacahuete sen azucre e chocolate. Atendendo as indicacións que se ofreceron, interesáronse ademais os representantes do equipo da Liga de Piñeiros por outras posibilidades culinarias e recibiron ademais documentación e outras receitas saudables que agora poderán cociñar nas súas casas. A finais do pasado mes de outubro, tal e como recordou García, entregouselles aos equipos material para traballar nos diferentes retos da Liga Motivos de Peso nos diferentes barrios e parroquias da cidade. Entre ese material incluíase un maletín promocional do programa con fichas persoalizadas para ir anotando o peso e unha cinta métrica para rexistrar as medidas corporais dos participantes en “100.000 Motivos de Peso”. A medida que as veciñas e veciños vaian cumprindo os retos marcados por esta Liga recibirán unha serie de puntos por equipos. Entre eses retos están: baixar un 5% de peso nos oito meses de duración da Liga; camiñar 10.000 pasos diarios (aproximadamente unha hora); estar activos cinco ou dez minutos cada hora que pasen sentados; comer cinco pezas de froita ao día, verduras e alimentos saudables; beber auga e evitar bebidas azucaradas; almorzar dun xeito equilibrado; baixar o consumo de graxas animais; non fumar nin consumir alcol; e non permanecer inactivos máis de tres horas. “Quero animar aos equipos que participan la Liga Motivos de Peso a que continúen traballando como o están facendo”, asegurou a concelleira de Participación Cidadá. Ademais, Catalina García recordou ás persoas dos barrios e parroquias interesados en participar nesta iniciativa a poñerse en contacto co persoal dos centros cívicos sociais ou a área de Participación Cidadá do Concello “para poder remitilos aos equipos que están formados e poder formar parte tamén desta Liga Motivos de Peso”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal