Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASISTIU AO ACTO DE SINATURA COA UDC DUN CONVENIO PARA A CREACIÓN DUNHA CÁTEDRA DE PROTECCIÓN CIVIL E XESTIÓN DE EMERXENCIAS
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recordou que este convenio dará continuidade ao proxecto de autoprotección escolar que se está levando a cabo de xeito pioneiro na cidade nos colexios Ponte de Xuvia e CRA do Val
Narón, 11 de novembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asistiu esta tarde ao acto de sinatura do convenio entre a Universidade da Coruña e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol para crear e regular a cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias. O acto desenvolveuse no Concello de Ferrol e ao mesmo acudiron tamén en representación da UDC o reitor, Julio Abalde, e a vicepresidenta, Araceli Torres, así como o alcalde de Ferrol e presidente da Mancomunidade e outros alcaldes e alcaldesas da comarca representados neste organismo. O Concello de Narón apostou durante o pasado mandato pola creación desta cátedra, mantendo a alcaldesa da cidade unha xuntanza con persoal da Universidade da Coruña para abordar este proxecto. Un proxecto que tal e como valorou Ferreiro, fructifica hoxe coa sinatura deste convenio coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol trala adhesión á proposta do consistorio ferrolán e do resto de municipios do citado organismo. Os ámbitos de colaboración establécense nas áreas de formación e divulgación e tamén en canto a actividades de transferencia e investigación. A alcaldesa de Narón explicou que “dentro das áreas de investigación, a través deste proxecto darase continuidade ao proxecto de autoprotección escolar que de xeito pioneiro se está levando a cabo nos colexios Ponte de Xuvia e CRA do Val, donde proximamente se gravarán dous vídeos sobre un plan de evacuación e outro de primeiros auxilios”. Así mesmo, Ferreiro recordou que o Concello de Narón xa no ano 2013 colaborou coa Universidade da Coruña nas “I Xornadas de Emerxencias e Autoprotección do Concello de Narón" que se desenvolveron no Pazo da Cultura, organizadas polo daquela Servizo municipal Emerxencias Narón”. A través deste acordo ambas institucións crearán unha cátedra “que instrumente e regule as súas relacións de mutua colaboración no ámbito académico, docente e investigador”. Entre os obxectivos da mesma están a investigación estratéxica (espectáculos públicos e actividades recreativas, deportivas e culturais), investigacións concretas (actuación municipal ante fenómenos meteorolóxicos adversos, coordinación e comunicacións en emerxencias, plans de emerxencias ou autoprotección en espazos peculiares, autoprotección en centros escolares e centros públicos dependentes doutras administracións e protocolos de actuación en emerxencias relacionadas co abastecemento de auga), tal e como figura no convenio. Trala sinatura do acordo, nun prazo de 30 días hábiles procederase a constituír unha Comisión de Seguemento, “órgano de planificación, seguimento e avaliación das accións derivadas do convenio” e da que formará parte, entre outros, a alcaldesa de Narón e vicepresidenta da Mancomunidade. A dotación anual da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol a este acordo ascende a 20.000 euros.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal