Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONSELLO XERAL DE PARTICIPACIÓN ABORDOU ONTE OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS E OS AVANCES DO PXOM
O CONSELLO XERAL DE PARTICIPACIÓN ABORDOU ONTE OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS E OS AVANCES DO PXOM
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, presidiu á convocatoria, á que acudiron representantes dos grupos políticos da corporación e os integrantes veciñais do organismo
Narón, 21 de novembro de 2019. O Concello acolleu na tarde de onte a reunión do Consello Xeral de Participación Cidadá, que presidiu a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, e á que asistiron representantes dos diferentes grupos políticos da corporación local e das entidades que integran este organismo. No transcurso da xuntanza aprobáronse dúas actas de sesións anteriores e informouse sobre os orzamentos municipais do ano 2020 e sobre o estado de tramitación do PXOM para, a continuación, abrir o pertinente turno de Rogos e preguntas.
O concelleiro de Facenda, Román Romero, encargouse de explicar aos integrantes do Consello Xeral de Participación as liñas nas que se basea o documento contable correspondente ao ano 2020, que ascende a 33,4 millóns de euros e que se levou esta mesma mañá á Comisión de Facenda, donde se abordou cos diferentes grupos da corporación. Román Romero destacou o feito de que son uns orzamentos “realistas” e que permitirán realizar actuacións encamiñadas á mellora de servizos e mantemento de instalacións municipais, entre outros investimentos previstos, como unha nova fase de rehabilitación do muíño de Xuvia que se cofinanciará coa Deputación da Coruña. A dependencia e a conciliación continúan sendo áreas prioritarias para o goberno local, que manterá conxelados os impostos municipais.
Así mesmo, o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, informou sobre a situación actual do PXOM, cuxo documento está á espera de informes supramunicipais e de compañías subministradoras sobre os que, unha vez recibidos, deberán informar os servizos técnicos e xurídicos municipais, sobre a conformidade do plan coa lexislación vixente.
Fóra da orde do día explicouse o programa municipal “Todo o que Narón é”, un proxecto de recuperación da memoria fotográfica e documental do Concello aberta á participación da cidadanía en xeral.
Finalmente, a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, agradeceu a asistencia á convocatoria dos representantes dos distintos barrios e parroquias de Narón, pola súa implicación neste organismo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal