Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E MEDIO AMBIENTE NO NAVAL
O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E MEDIO AMBIENTE NO NAVAL
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, recordou que o prazo de inscrición rematará o vindeiro 29 de novembro
Narón, 21 de novembro de 2019. O Concello abrirá mañá o prazo de inscrición nun curso de Prevención de riscos laborais e Medio Ambiente no naval. A convocatoria, tal e como indicou a concelleira de Formación, Natalia Hermida, diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón e as solicitudes poden presentarse ata o 29 deste mes no Rexistro Xeral do Concello –de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas-, na Sede Electrónica, ou a través os restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
En total ofértanse vinte prazas –que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición- e o curso terá unha duración total de 16 horas (oito de Prevención de Riscos Laborais na especialidade de naval e oito máis de Medio Ambiente no naval). As clases terán lugar no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e está previsto impartilas do 10 ao 13 de decembro, de luns a venres entre as 9.00 e as 13.00 horas.
Os temas a abordar serán Conceptos básicos sobre seguridade laboral, Riscos de seguridade ligados á área de traballo e ao ambiente de traballo, Equipos de protección persoal, Riscos específicos do sector naval, Almacenamento de substancias, Segregación de residuos, Actuacións ante derrames incidentais e Requisitos legais que afectan á nosa actividade, entre outros.
As persoas interesadas en obter máis información poden consultar a páxina web do Concello, a Sede Electrónica de Narón ou dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, chamando ao teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal