Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ MAÑÁ A PRESENTACIÓN DO LIBRO "A FUXIDA DO BOU RAMÓN"
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ MAÑÁ A PRESENTACIÓN DO LIBRO
O Padroado da Cultura organiza a cita, que inclúe a inauguración dunha exposición, en colaboración coa Asociación Memoria Histórica Democrática
Narón, 25 de novembro de 2019. O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá mañá, ás 20.00 horas, o acto de presentación do libro “A fuxida do bou Ramón”, escrito polos historiadores Enrique Barrrera e Eliseo Fernández e con ilustracións de Fernando Ocampo. Os tres estarán presentes na convocatoria, aberta á cidadanía en xeral e organizada polo Padroado da Cultura de Narón en colaboración coa Asociación Memoria Histórica Democrática.
Así mesmo, antes da presentación do libro –editado pola Deputación da Coruña e que vai xa pola súa segunda edición- procederase a inaugurar, ás 19.30 horas, a exposición do mesmo nome, “A fuxida do bou Ramón”. A mostra consta de corenta e cinco paneis con imaxes e debuxos a man de Fernando Ocampo sobre esta historia.
“A fuxida do bou Ramón” conta a historia da fuga de 27 persoas da comarca de Ferrol, dende Ares, no ano 1939 disfrazados de Gardas Civís, un falanxista e varios presos, todos eles republicanos. Marchan tralo trunfo franquista planeando unha fuxida temeraria no barco “bou Ramón”, coa complicidade dos seus dez tripulantes e con rumbo ao sur de Inglaterra. Todos eles desembarcaron no porto francés da Rochelle pero as autoridades francesas encerráronos no campo de concentración de Barcarès, con milleiros de exiliados republicanos. As represalias sufríronas en Galicia as súas familias.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal