Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO REIBIU HOXE EN MADRID UN DOS PREMIOS EUROPEOS DE EXCELENCIA EN SEGURIDADE VIARIA DA FUNDACIÓN MAPFRE
O CONCELLO REIBIU HOXE EN MADRID UN DOS PREMIOS EUROPEOS DE EXCELENCIA EN SEGURIDADE VIARIA DA FUNDACIÓN MAPFRE
O axente da Policía Local e coordinador do equipo de Educación Viaria de Narón, Pedro Caneiro, desprazouse á sede da Fundación Mapfre para recoller o galardón e expoñer os programas que obtiveron o recoñecemento
Narón, 26 de novembro de 2019. O axente da policía Local de Narón e coordinador do equipo de Educación Viaria de Narón, Pedro Caneiro, participou esta mañá en Madrid nas “Jornadas sobre la Carta Europea de la Seguridad Vial” organizadas pola Fundación Mapfre no Auditorio Fundación Mapfre. Os proxectos “Camiños Escolares Seguros, Bica e Arrinca e os estacionamentos disuasorios” obtiveron o Premio Europeo de Excelencia en Seguridade Viaria, concedidos pola Carta Europea da Seguridade Viaria, da Fundación Mapfre. Os galardóns recoñecen a contribución das organizacións que desenvolven iniciativas especialmente interesantes ou valiosas para a mellora da seguridade nas estradas. O encontro foi inaugurado por Julio Domingo, Director
Xeral da Fundación Mapfre, e Álvaro Gómez, director do Observatorio Nacional de Seguridade Viaria da Dirección Xeral de Tráfico, que coincidiron na importancia de compartir experiencias e aprendizaxes a nivel europeo, como vía para alcanzar o obxectivo europeo de reducción ao 50% do número de vítimas graves e mortais no noso continente.
Pedro Caneiro, coordinador do Programa de Educación Viaria do Concello de Narón, resaltou que “un dos obxectivos principais dos programas impulsados a través do Consistorio, en concreto dous deles, Bica e Arrinca e os aparcamientos disuasorios, é crear entornos escolares seguros nas zonas próximas aos colexios, retirando os vehículos das inmediacións dos centros para poder deixar ou recoller aos menores nos colexios dun modo seguro e evitando posibles riscos en horas nas que se rexistra unha importante afluencia de vehículos e peóns”. Tamén indicou que “cos Camiños Escolares Seguros fomentamos a autonomía dos escolares e a práctica de exercicio físico, incentivándoos para ir camiñando, en bicicleta ou en patinete dende as súas casas aos colexios. A implicación da comunidade educativa e dos pais e nais resultou fundamental para que estes programas tivesen tanto éxito e unha participación de casi o cen por cento do alumnado ao que se dirixen nos centros de ensino do municipio”.
A maiores dos programas de Narón, tamén resultaron premiados os proxectos de Aigua de Rigat (Barcelona), pola iniciativa “Gestión de la seguridad vial dentro de la empresa”, que foron galardoados en 2018; e o Colegio Público Miguel de Cervantes de Gijón, pola súa actividade “Bici Escuela”, en 2016. Así mesmo, en outubro deste año, a propia Fundación Mapfre foi recoñecida como unha das seis entidades máis destacadas en Europa polo seu programa internacional dirixido á seguridade viaria.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal