Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE GALICIA DIRIXIDO A MULLERES DE OITO CONCELLOS DA MANCOMUNIDADE
ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE GALICIA DIRIXIDO A MULLERES DE OITO CONCELLOS DA MANCOMUNIDADE
A concelleira de Formación de Narón, Natalia Hermida, incidiu en que as mulleres interesadas en participar deben anotarse canto antes na Oficina de Emprego da avenida de Vigo, en Ferrol, indicando o código 930
Narón, 26 de novembro de 2019. A Xunta de Galicia concedeu á Mancomunidade de Concellos de Ferrol unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia, dirixido aos concellos de Narón, Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Neda e Valdoviño. A administración autonómica e o Servizo Público de Emprego Estatal financian esta convocatoria, subvencionada con 207.000 euros, dos 230.000 euros do custe total do proxecto. En total ofertaranse 100 prazas para os oito concellos, todas elas dirixidas a mulleres, tal e como recalcou a concelleira de Formación de Narón, Natalia Hermida.
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, Operacións auxiliares de servizos de administracións xerais, Auxiliar de comercio, Alimentación: carnizaría/chacinaría; Hostalería: actividades auxiliares de restaurante/bar e Outros sectores (posibles prácticas sen vinculación a unha formación do PIE) son as propostas entre as que poderán elixir as destinatarias deste Programa Integrado de Emprego de Galicia. O programa comezará a principios do vindeiro ano e desenvolverase en instalacións dos distintos concellos da Mancomunidade.
Este Programa Integrado de Emprego de Galicia diríxese a mulleres desempregadas e con outros requisitos: con discapacidade, en risco de exclusión social, que acrediten condición de vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos cualificadas ou con baixa cualificación, maiores de 45 anos, perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción, beneficiarias da axuda do programa de recualificación profesional e inmigrantes, tal e como figura na propia convocatoria. A selección das mulleres participantes realizarase a través do Servizo Público de Emprego. As persoas interesadas en asistir deben anotarse á maior brevidade na Oficina de Emprego da avenida de Vigo, en Ferrol, indicando o código 930 e manifestando o seu interese en participar neste programa.
Entre os obxectivos deste programa está “fomentar e promover a igualdade entre homes e mulleres xunto co reparto equitativo do coidado da familia e das tarefas domésticas”. A Mancomunidade pola súa parte comprométese a través dos concellos participantes a traballar ao longo deste programa sobre a importancia da corresponsabilidade e a conciliación da vida familiar e laboral a través de diversas ferramentas, como un servizo de atención e coidado infantil, sesións individuais cos participantes e/ou as familias, horarios que favorezan a conciliación, actividades formativas mixtas…
O obxectivo mínimo de inserción para este ano do Programa Integrado para o Emprego de Galicia é do 35%. As persoas que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa de cinco euros por día de asistencia ás accións do programa, entendéndose como a asistencia a presenza física e non contando as faltas xustificadas nin sen xustificar.
A concelleira de Formación de Narón destacou o feito de que “por vez primeira o programa diríxese exclusivamente a mulleres, a un colectivo moi concreto, e para oito concellos da Mancomunidade, o que é unha mostra máis da importancia de aunar esforzos entre as administracións para ofrecer ás veciñas e veciños este tipo de programas co fin de incrementar a súa formación e posibilidades de inserción no mercado laboral”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal