Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS REPRESENTANTES DO CONSELLO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL DE NARÓN PRESENTARON AS SÚAS PROPOSTAS MEDIOAMBIENTAIS E DE MOBILIDADE SOSTIBLE
OS REPRESENTANTES DO CONSELLO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL DE NARÓN PRESENTARON AS SÚAS PROPOSTAS MEDIOAMBIENTAIS E DE MOBILIDADE SOSTIBLE
Os escolares presentarán no mes de abril os seus proxectos máis definidos despois de traballar nas aulas sobre os mesmos cos seus compañeiros e compañeiras
Narón, 27 de novembro de 2019. Os vinte nenos e nenas de centros de ensino da cidade que integran o Consello de Participación Infantil desprazáronse onte ao Concello para participar nunha nova sesión do citado organismo. Persoal técnico do Consistorio e o edil responsable da área de Obras, Pablo Mauriz, reuníronse co colectivo, que presentou as súas propostas en materia de Medio Ambiente e Mobilidade sostible. Os docentes dos centros estiveron tamén no Concello reunidos coa axente da Policía Local e integrante do equipo de Educación Viaria de Narón, SoniaLópez.
O pasado mes de outubro constituíuse oficialmente no salón de plenos do Consistorio o Consello de Participación Infantil de Narón, do que forman parte nenas e nenos de quinto e sexto curso de Primaria dos colexios Ayala, CRA do Val, O Feal, A Gándara, Jorge Juan, Piñeiros, Ponte de Xuvia, Santiago Apóstol, A Solaina e Virxe do Mar. Dende entón os escolares estiveron traballando nas aulas e elixiron unha proposta a levar a cabo na cidade na área de Medio Ambiente e outra de Mobilidade Sostible, que deron a coñecer na xornada de onte.
Un sistema semafórico intelixente cunha APP que envíe notificacións ás persoas con discapacidade, máquinas para reciclar plástico a cambio dunha recompensa, facer peonís tramos de rúas un día á semana, e hortas saudables son algunhas das propostas plantexadas e sobre as que continuarán traballando nos vindeiros meses os alumnos e alumnas dos centros implicados nesta iniciativa. Finalmente, no mes de abril, está previsto celebrar outra xuntanza no Concello do Consello de Participación Infantil, na que presentarán os seus proxectos máis desenvolvidos (con valoracións económicas, colectivos aos que se dirixen, etc.). En xuño, antes do remate do curso escolar, procederán a realizar un informe final.
A iniciativa enmárcase no proxecto “Cidade dos Nenos”, impulsado por Francesco Tonucci no ano 1991 e á que se adheriu o Concello de Narón no ano 2015.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal