Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS OBRADOIROS DO PROGRAMA MUNICIPAL "PRAZAS VIVAS" COMEZARÁN MAÑÁ NA GÁNDARA
OS OBRADOIROS DO PROGRAMA MUNICIPAL
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, presentou a programación, que comeza mañá e que se desenvolverá durante todo o mes de decembro
Narón, 28 de novembro de 2019. Un ano máis o Concello de Narón pon en marcha o programa Prazas Vivas, a través do que se realizarán varios obradoiros e se decorarán as carrozas dos barrios e parroquias da cidade que participarán na Cabalgata Solidaria o vindeiro mes de xaneiro. A primeira das citas será mañá, día 29, na Praza da Gándara, entre as 16.30 e as 18.30 horas, se ben en caso de mal tempo a cita trasladarase, nese mesmo horario, ao Centro Cívico Social da Gándara. O sábado 30 será o turno do barrio da Solaina, donde entre as 11.30 e as 13.30 se realizarán os diferentes obradoiros na Praza da Constitución (ou no pavillón do CEIP da Solaina, en función da climatoloxía).
Trátase de obradoiros interxeracionais, de balde e abertos á participación da cidadanía en xeral. Os asistentes terán a oportunidade de participar en obradoiros de chapas, de experimentos de ciencia, de globoflexia e pintacaras, de graffite, de coches de radiocontrol e de circo, así como nun específico para os deseños das carrozas dos barrios e parroquias da cidade para a Cabalgata. Tamén haberá sesións de xogos tradicionais.
No mes de decembro o programa Prazas Vivas chegará o día 6 á parroquia de Doso, nas inmediacións do Centro Cívico Social (ou no propio centro en caso de choiva) e o día 7 no Alto do Castiñeiro, na pista de San Xosé Obreiro (ou como alternativa o Centro Cívico Social), en ambos casos de 16.30 a 18.30 horas. A seguinte semana, o día 13 terá lugar a cita no Couto, no Centro Cívico Social (ou arredores) de 16.30 a 18.30 e o día 14 no Val, no Centro Cívico Social (ou arredores) en horario de mañá, de 11.00 a 13.00. O turno do barrio de Xuvia será o 20 de decembro, no paseo marítimo se o tempo o permite ou no patio cuberto do CEIP Ponte de Xuvia, de 16.30 a 18.30 e nese mesmo horario programouse en Freixeiro, no parque (ou cambiaríase a data prevista en caso de mal tempo), o 21 de decembro de 16.30 a 18.30 horas.
A maiores, tamén se levará a cabo o programa Prazas Vivas nas parroquias de Pedroso, San Xiao, San Mateo e Sedes, en datas pendentes de determinar.
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, animou ás veciñas e veciños “a participar neste programa, concebido a modo interxeracional con propostas para persoas de diferentes idades e nas que poder compartir tempo de lecer cos nosos veciños e veciñas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal