Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
REMATADAS AS OBRAS DE IMPLANTACIÓN DE ALUMEADO LED EN TRES LUGARES DE CASTRO E PEDROSO
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, recordou que os traballos realizados supuxeron un investimento municipal que ronda os 60.000 euros
Narón, 4 de decembro de 2019. O Concello rematou os traballos correspondentes á instalación de alumeado led en tres lugares da zona rural, concretamente os de A Grande, na parroquia de Castro, e de A Pedra e A Torre, na de Pedroso. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, destacou que esta intervención supuxo ás arcas locais un desembolso que ronda os 60.000 euros e explicou que con cargo a esta partida se procedeu a colocar luminarias led nun total de 202 puntos de luz de ambas parroquias. No caso de A Grande e A Pedra dotouse de alumeado led a 62 e 21 luminarias, respetivamente, o que supuxo un investimento, apuntou Santalla, de algo máis de 25.000 euros. Así mesmo, no que respecta á zona da Torre, actuouse en 119 luminarias, cun investimento duns 34.000 euros. “A mellora da eficiencia enerxética é unha das prioridades de actuación do goberno local. Así quedou patente durante os últimos meses, con investimentos importantes para dotar de alumeado led a varios núcleos da zona urbana e tamén do rural naronés”, asegurou o concelleiro. “O conxunto das actuacións que xa se levaron a cabo no termo municipal e as que se executarán nos vindeiros meses permitirannos un considerable aforro na factura enerxética ás arcas locais”, destacou, ao tempo que “reducirá tamén os gastos de mantemento que afrontaba a compañía adxudicataria do servizo debido ás incidencias derivadas de sistemas que en determinados casos quedaron obsoletos”. O alumeado led ofrece ademais unha considerable mellora na calidade da iluminación das zonas nas que se está implantando, ao tempo que se reduce o nivel de enerxía consumida e tamén os valores de contaminación lumínica. “Coa tecnoloxía led todo son vantaxes e neste Concello apostamos firmemente por implantala tanto na zona urbana como no rural, así como en instalacións deportivas e outros edificios municipais”, apuntou Santalla, recordando que nos últimos catro anos se destinaron máis de dous millóns de euros á instalación de alumeado led no termo municipal naronés.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal